CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Curso sobre avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüística


Santiago de Compostela, 22 de febreiro e 7 de marzo de 2019 (e seis horas a distancia)

Curso sobre avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüísticaListaxe de persoas admitidas, en .pdf

PRESENTACIÓN
Unha das funcións dos SNL é colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte das persoas aspirantes aos diferentes postos da Administración pública.
Con este curso, a partir da lexislación que regula os exames, reflexionaremos sobre as probas máis idóneas para avaliar as competencias lingüísticas e practicaremos ferramentas e estratexias para elaboralas e avalialas.

OBXECTIVOS
- Analizar a lexislación que regula os exames de lingua no emprego público de Galicia.
- Decidir, dentro dese marco legal, cal sería o exame idóneo.
- Fornecer ferramentas e estratexias e desenvolver habilidades para levalo a cabo: elaborar e avaliar probas.

CONTIDOS
0. Introdución
A. Primeiro obxectivo: análise lexislativa
1. O marco legal:
- Constitución española, Estatuto de autonomía, Lei de normalización lingüística e outras leis
- As distintas leis da función pública
- Marxe de manobra
B. Segundo obxectivo: o exame idóneo
2. Avaliación de competencias lingüísticas
- Os niveis de coñecemento lingüístico
- Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas
- Niveis de competencia en lingua galega
- Os Celga
3. Os exames de lingua nas administracións
- Análise de modelos
4. Modelo de exame de galego para probas selectivas
- Que sabe alguén que coñece unha lingua?
- Características dun bo exame de lingua: fiabilidade, viabilidade, validez
C. Terceiro obxectivo: elaboración e corrección de probas de lingua
- Ferramentas
- Práctica con probas reais
- Elaboración de probas
- Avaliación

DOCENTE
Manuel Núñez Singala, sociolingüista, escritor e técnico de normalización lingüística. É director do Servizo de Normalización Lingüística da USC e responsable da súa Área de Formación.
Formou parte do grupo de traballo que deseñou os niveis de competencia en lingua galega adaptados ao Marco común de referencia para as linguas. Na actualidade, é membro do Grupo de Traballo dos Certificados de Lingua Galega (Celga), equipo que se encarga de elaborar os exames para obter estes certificados.

PERSOAS DESTINATARIAS
Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL) que deban elaborar e avaliar probas de coñecemento de lingua galega para o acceso a prazas da Administración
Límite de prazas: 30.

CALENDARIO
-Prazo de solicitude de participación: desde o 25/01/2019 até o 13/02/2019, a través do formulario habilitado ao final desta información
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 14/02/2019
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: do 14/02/2019 até o 20/02/2019
-Desenvolvemento do curso: 22 de febreiro (de 12.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h) e 7 de marzo (de 12.00 a 15.00 h), ademais de seis horas de traballo persoal.

DURACIÓN TOTAL
15 horas (9 presenciais e 6 de traballo persoal)

LUGAR DAS SESIÓNS PRESENCIAIS
Na Aula D12 da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte, Avda. de Castelao, s/n, Santiago de Compostela)

PREZO
-Para socias/os da CTNL: 25 euros
-Para non socias/os da CTNL: 75 euros

INSCRICIÓNS
A través do formulario que estará habilitado para o efecto ao final desta información do 25/01/2019 até o 13/02/2019. Aviso: só se habilitará o formulario durante o prazo de inscrición.

Dado que o número de prazas é limitado, respectarase a orde de inscrición con preferencia para os/as socios/as da CTNL.

Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Abanca número ES18-2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso avaliación probas”.

Se unha persoa está na listaxe de admisión e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así podermos incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

ORGANIZA
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORA
-Departamento de Filoloxía Galega, Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela

+info: info@ctnl.gal | 629 571 950

NOTA SOBRE O FORMULARIO: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN NO TEU CORREO ELECTRÓNICO

Convocatoria completa en .pdf


Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego