CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística


Santiago de Compostela, 27 de setembro e 4 de outubro de 2021 (16 horas de duración)

Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüísticaListaxe de persoas admitidas, en .pdf


PRESENTACIÓN
A finalidade desta actividade formativa é coñecermos as bases teóricas e as metodoloxías de intervención vinculadas á educación social para empregalas no proceso de normalización lingüística e no labor cotián de traballo a prol da lingua.

OBXECTIVOS
- Adquirir unha visión panorámica e resumida das teorías en que se basea a intervención desde o ámbito da educación social, de maneira que sexan útiles para o traballo técnico de normalización da lingua.
- Fornecer unha bibliografía básica recomendable.
- Abordar de xeito teórico e práctico contidos de comunicación, habilidades sociais, liderado, manexo de grupos e resolución de conflitos.
- Expoñer de xeito práctico diferentes modelos de intervención e o seu posible rendemento para o traballo dos servizos de normalización da lingua.
- Practicar, arredor de supostos concretos, as diferentes técnicas e habilidades que, desde a educación social, resultan útiles para a intervención sociolingüística.
- Analizar algunhas intervencións realizadas para extraer conclusións a respecto das boas prácticas que mellorarían a súa eficacia.

CONTIDOS
O curso será moi práctico e traballaranse os contidos mediante dinámicas e simulacións. Os contidos distribúense en cinco bloques temáticos:

Módulo 1. Comunicación (dúas horas)
1. Vocabulario básico
2. Introdución
3. Conceptos fundamentais
3.1. O proceso da comunicación
3.2. Elementos
3.3. A subxectividade
3.4. Tipos de comunicación
3.4.1. Comunicación verbal
3.4.2. Comunicación non verbal
3.5. Obstáculos
3.6. Facilitadores
4. Escoita activa
5. Comunicación hábil

Módulo 2. Manexo de grupos (dúas horas)
1. Vocabulario
2. Observación
3. Que é grupo?
4. Tipos de grupo
5. As fases do proceso grupal

Módulo 3. Habilidades sociais (catro horas)
1. Dimensións presentes nas habilidades sociais e modelos teóricos
2. Que é o feed-back?
3. Diferentes habilidades sociais
3.1. Escoita
3.2. Asertividade
3.3. Empatía
4. Toma de decisións
5. Autocontrol emocional
6. Exercicio de autoridade
7. Autoestima

Módulo 4. Liderado (catro horas)
1. Quen é líder?
2. Que fai o líder?
3. O líder e o seu equipo
4. Efectos do liderado sobre a produtividade
5. O grupo do líder fronte a outros grupos
6. Son tan importantes as relacións humanas e grupais?
7. Valores e actitudes do líder
8. Tipos de líderes
9. Perfil dun grupo maduro

Módulo 5: Resolución de conflitos (catro horas)
1. Introdución
2. Que é un conflito e as súas características
3. Tipos e síntomas dos conflitos
4. Como afrontar positivamente un conflito
5. Programas de resolución do conflito
5.1. Equipo de mediación
5.2. Regulación directa entre iguais
6. Recomendacións para chegar á “unanimidade” nas decisións en grupo
7. Mapa do conflito

DOCENTE
Ana González Quinteiro, educadora social no Concello de Pontevedra, con ampla experiencia na docencia de contidos da súa especialidade entre o profesorado (en centros de formación e recursos e sindicatos), o monitorado ou os traballadores públicos, abordando temas como o liderado, as habilidades sociais, dinámicas de grupos, manexo do estrés, planificación, motivación, resolución de conflitos etc.

Na actualidade realiza estudos de doutoramento en Equidade e Innovación Educativa (Departamento de Pedagoxía e Didáctica, USC).

PERSOAS DESTINATARIAS
- Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
- Docentes ou responsables de EDNLG
- Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
- Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua

O curso terá un límite de prazas en función das restricións sanitarias no momento da docencia.

CALENDARIO
-Prazo de solicitude de participación: desde o 01/09/2021 até o 19/09/2021, a través do formulario habilitado ao final desta información
- Publicación da listaxe de persoas admitidas: 20/09/2021
- Prazo para facer o ingreso de matrícula: do 20/09/2021 até o 24/09/2021
- Desenvolvemento do curso: 27 de setembro e 4 de outubro de 2021.
- Horario: de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h

DURACIÓN TOTAL
16 horas

LUGAR DO CURSO
No Espazo Apego do Concello de Santiago de Compostela (rúa da República do Salvador, 12, Santiago de Compostela)

PREZO
- Para socias/os da CTNL: 25 euros
- Para estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os non socios/as: 40 euros
- Para non socias/os da CTNL: 75 euros

INSCRICIÓNS
A través do formulario que estará habilitado para o efecto ao final desta información do 01/09/2021 até o 19/09/2021. Aviso: só se habilitará o formulario durante o prazo de inscrición.

Dado que o número de prazas é limitado, respectarase a orde de inscrición con preferencia para os/as socios/as da CTNL.

Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Abanca número ES18-2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso educación social”.

Se unha persoa está na listaxe de admisión e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así podermos incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

ORGANIZA
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN
- Concello de Santiago de Compostela
- Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

+info: info@ctnl.gal | 629 571 950

NOTA SOBRE O FORMULARIO: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN NO TEU CORREO ELECTRÓNICO

Convocatoria completa en .pdf


Avisos

    mes anterior
    Abril de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego