CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Fundamentos de márketing e comunicación. O idioma como elemento diferenciador


Santiago de Compostela, 29 de setembro e 6 de outubro de 2022 (10 horas de duración)

Fundamentos de márketing e comunicación. O idioma como elemento diferenciadorListaxe de persoas admitidas, en .pdf


PRESENTACIÓN
A finalidade desta actividade formativa é dotármonos de estratexias, ferramentas e argumentos para traballar co tecido socioeconómico co fin de que as empresas e os negocios incorporen a lingua galega á súa estratexia comunicativa como un elemento de prestixio e de diferenciación.

OBXECTIVOS
- Transmitir os elementos fundamentais do márketing e da comunicación.
- Coñecer a aplicación destes elementos aos negocios, empresas e institucións.
- Entender a importancia da venda por valores, asociándoa especialmente á lingua galega.
- Elaborar e transmitir argumentos a favor do uso da lingua galega como elemento diferenciador e de prestixio en empresas e negocios.
- Incentivar a creación de accións de normalización lingüística dirixidas ao sector socioeconómico destinadas a convencer e a reflexionar sobre a importancia do uso do idioma.

CONTIDOS
O curso combinará contidos teóricos con actividades prácticas e de reflexión conxunta, todo adaptado á realidade do traballo de normalización da lingua.

Abordaranse os seguintes contidos:
1. O cliente como centro de atención das empresas
2. Concepto de márketing
3. O Plan de márketing
3.1. Estudo de mercado. Análise da empresa e do contorno
3.2. Márketing estratéxico
i. Posicionamento. Valores
ii. Vantaxe competitiva
iii. Segmentación do mercado
iv. Definición de obxectivos
3.3. Márketing operativo
i. Produto
ii. Prezo
iii. Distribución
iv. Comunicación
3.4. Comárketing: unha ferramenta especialmente útil para as pequenas e medianas empresas
3.5 Márketing relacional: o cliente como centro dunha relación duradeira

En cada un dos apartados procuraranse exemplos galegos de boas prácticas, e buscaranse aplicacións reais para sectores que queiramos axudar na súa estratexia de comunicación co fin de que vexan no galego un valor comunicativo de prestixio e diferenciador.

DOCENTE
Xosé Luís Reza, presidente do Clúster do E-Commerce Galego e presidente fundador de Markea e do Clúster da Comunicación de Galicia. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola USC, MBA pola Escola de Negocios Caixanova e máster en eBusiness pola Universitat Politècnica de Catalunya.
Desenvolveu toda a súa carreira en diversas responsabilidades de márketing e comercialización en compañías como R Cable e Telecomunicacións Galicia, Fundación Semana Verde, Grupo Tecam e La Voz de Galicia. Na actualidade é socio consultor de iuni strategic marketers, ademais de profesor en varias escolas de negocio de Galicia.

PERSOAS DESTINATARIAS
- Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
- Docentes ou responsables de EDNLG
- Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
- Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua

Límite de prazas: 25

CALENDARIO
-Prazo de solicitude de participación: desde o 12/09/2022 até o 25/09/2022, a través do formulario habilitado ao final desta información
- Publicación da listaxe de persoas admitidas: 26/09/2022
- Prazo para facer o ingreso de matrícula: do 26/09/2022 até o 29/09/2022
- Desenvolvemento do curso: 29 de setembro e 6 de outubro de 2022.
- Horario: de 16.00 a 21.00 h

DURACIÓN TOTAL
10 horas

LUGAR
Na Aula B10 da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte, avenida de Castelao, s/n, Santiago de Compostela)

PREZO
- Para socias/os da CTNL: 25 euros
- Para estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os non socios/as: 40 euros
- Para non socias/os da CTNL: 75 euros

INSCRICIÓNS
A través do formulario que estará habilitado para o efecto ao final desta información do 12/09/2022 até o 25/09/2022. Aviso: só se habilitará o formulario durante o prazo de inscrición.

Dado que o número de prazas é limitado, respectarase a orde de inscrición con preferencia para os/as socios/as da CTNL.

Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Abanca número ES18-2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso márketing”.

Se unha persoa está na listaxe de admisión e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así podermos incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

ORGANIZA
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN
-Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela
-Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Secretaría Xeral de Política Lingüística)

+info: info@ctnl.gal | 629 571 950

NOTA SOBRE O FORMULARIO: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN NO TEU CORREO ELECTRÓNICO.

SE NON RECIBES O CORREO, ENVÍA UNHA MENSAXE COS TEUS DATOS A info@ctnl.gal OU CHAMA AO 629 571 950.

Convocatoria completa en .pdf


Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego