CTNL
Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar
correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash
Listaxe de persoas admitidas, en .pdf
PRESENTACIÓN
As finalidades deste curso son:
- Coñecer de primeira man as posibilidades e oportunidades que ofrece a contorna dixital en procesos de normalización lingüística.
- Descubrir as principais ferramentas, como poden axudarnos en cada proceso (ou mesmo ás veces prexudicarnos), aprender a deseñar unha estratexia marcada e conseguir optimizalas para que con menos investimento de tempo e recursos poidamos sacarlles o máximo proveito.
- Aprender a empregar a creatividade nelas para usar valor de marco.
OBXECTIVOS
- Coñecer aos principais recursos dixitais que temos á nosa disposición.
- Entender as tendencias, como son os hábitos de consumo delas e o seu uso.
- Aprender as súas dinámicas internas.
- Descubrir como crear unha estratexia tanxible e medible con base nos obxectivos.
- Ver casos prácticos de éxito.
- Coñecer a linguaxe dixital que conforma todo o que é unha estratexia de márketing dixital.
CONTIDOS
Módulo 1. A contorna dixital na actualidade
- O proceso de transformación dixital que estamos vivindo.
- Oportunidades e ameazas da nova contorna.
- Chegou a IA. Cara a onde imos?
- Centrémonos no máis aplicable, que está funcionando? Exemplos prácticos
- Landings e redes sociais
Módulo 2. As redes sociais en profundidade
- Situación actual do panorama das redes sociais.
- Unha por unha: Facebook
- Pinterest
- X
- Instagram
- Tik Tok
- Cal é a máis adecuada para min?
- Práctica
Módulo 3
- Calendario editorial
- Modelos de IA para auxiliar procesos
- Ferramentas de uso máis práctico. Aplicación práctica.
- A importancia do libro de estilo para a xeración de marca.
Módulo 4
- Os podcast e streaming en desenvolvemento.
- Canles de vídeo
- Xeración de engagement
Módulo 5
- As comunidades virtuais. Tipos de perfís. Segmentación de target e comunidade.
- Campañas disruptivas. Exemplos. Vantaxes e desvantaxes.
- Medición de datos e retargeting
- Campañas de ADS. G.Grants
Peche da formación con presentación e intercambio, sobre cada proxecto, de práctica e impresións. Brainstorming final e conclusións.
DOCENTE
Verónica Ramallal Trevín, CEO de Pekecha
Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, cun máster pola Escola de Medios de La Voz de Galicia e curso de aptitude pedagóxica pola Universidade de Santiago de Compostela.
Na actualidade é a CEO de Pekecha como formadora en áreas de Márketing Dixital para cámaras de comercio, confederacións empresariais e varias universidades e escolas de negocio.
PERSOAS DESTINATARIAS
- Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
- Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
- Membros de equipos de normalización e dinamización da lingua do ensino
- Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua
Límite de prazas: 25
CALENDARIO
-Prazo de solicitude de participación: desde o 16/09/2024 até o 07/10/2024, a través do formulario habilitado ao final desta información
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 08/10/2024
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: do 08/10/2024 até o 16/10/2024
-Desenvolvemento do curso: 17 de outubro (de 9.00 a 13.30 h), 24 de outubro (de 9.00 a 13.30 h) e 31 de outubro (de 9.30 a 13.30 h e de 16.00 a 18.00 h).
DURACIÓN TOTAL
15 horas
LUGAR DAS SESIÓNS PRESENCIAIS
Na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte, avenida de Castelao, s/n, Santiago de Compostela): aula B13 na primeira xornada e aula D07 nas dúas restantes.
PREZO
-Para socias/os da CTNL: 30 euros
-Para estudantes ou persoas desempregadas: 45 euros
-Para non socias/os da CTNL: 80 euros
INSCRICIÓNS
A través do formulario que estará habilitado para o efecto ao final desta información do 16/09/2024 até o 07/10/2024. Aviso: só se habilitará o formulario durante o prazo de inscrición.
Dado que o número de prazas é limitado, respectarase a orde de inscrición con preferencia para os/as socios/as da CTNL.
Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.
As persoas admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Abanca número ES18-2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso redes sociais”.
Se unha persoa está na listaxe de admisión e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así podermos incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.
ORGANIZA
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
COLABORAN
-Universidade de Santiago de Compostela
-Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (Secretaría Xeral da Lingua)
+info: info@ctnl.gal | 629 571 950
NOTA SOBRE O FORMULARIO: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN NO TEU CORREO ELECTRÓNICO