CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

HISTORIA


Breve historia da CTNL

Debuxo duns libros

A realización das Xornadas de Dinamización Lingüística que tiveron lugar en Vigo en marzo de 1995 tivo moito que ver na xestación da CTNL: un grupo de técnicos e de técnicas de servizos de normalización lingüística que alí asistiron constataron unha serie de problemas comúns, referidos principalmente á falta de contacto e coordinación entre eles/as, así como fundamentais eivas e problemas de formación ou a falta dunha voz para a defensa dos intereses do traballo en normalización ou para a presentación, defensa e difusión de propostas. Este foi o punto de arrinque.

As primeiras relacións e tomas de contacto dirixíronse ao intercambio de información periódica das actividades e medios materiais con que contaban algúns destes técnicos e técnicas, de xeito persoal. Outro dos contactos iniciais intentouse coa, daquela, Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta, o órgano da nosa comunidade ao que se debería informar das inquedanzas deste colectivo e chegar a solucións, aínda que nun principio non tivo a resposta esperada. Polo contrario, si foi moi enriquecedora a primeira visita formativa que realizaron os futuros membros da CTNL, grazas ao convite que lles fixo a DGPL da Generalitat de Catalunya.

Ao mesmo tempo íanse dando os primeiros pasos para a constitución e legalización da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que asinou a acta fundacional o 15 de decembro de 1995, que organizou a súa primeira asemblea xeral o 10 de febreiro de 1996 e que resultou inscrita nos correspondentes rexistros públicos de asociacións co número 4357/1996, con data do 20 de xuño de 1996.

A acta fundacional foi asinada pola primeira xunta directiva, que estivo constituída por Socorro García Conde (presidenta), Isabel Vaquero Quintela (secretaria), e por sete vogais: Beatriz Bascoi Maceiras, Rafael Villar González, Alberte González Montañés, Manuel C. Núñez Singala, Iolanda Galanes Santos, Marta Patricia Souto González e Manuel Bermúdez Blanco.

Despois de Socorro García Conde, presidiron a CTNL Valentín García Gómez, Concepción Cochón Rodríguez, Nel Vidal Barral, Anxos Sobriño Pérez e, na actualidade, Mónica Fernández Valencia.

Desde os seus inicios a CTNL desenvolveu múltiples accións, como, por exemplo:


Formación:

* Centrouse especialmente en cuestións pouco presentes nos currículos académicos (terminoloxía, lexislación lingüística…), ou que pola súa novidade poden non figurar entre as competencias dos traballadores e traballadoras (ferramentas informáticas, tradución asistida por ordenador...).

* Atendeuse de forma destacada a formación en competencias non lingüísticas (mercadotecnia, animación sociocultural, técnicas de negociación…), imprescindíbeis para realizar un traballo eficaz no ámbito da normalización da lingua.

* Presentáronse experiencias e coñecementos desenvolvidos en contextos sociolingüísticos semellantes ao noso (contando con docentes foráneos para impartir determinados cursos).

* Colabora desde 1998 co Consello da Cultura Galega na organización dos Encontros para a normalización lingüística e desde 2005 coa Universidade da Coruña no Curso de verán de dinamización lingüística.


Propostas, estudos e análises:

* Proposta para crear un Arquivo de Planificación de Normalización Lingüística (APNL) (1996)
Recollendo un punto das conclusións das Xornadas para a Normalización Lingüística organizadas polo Consello da Cultura Galega en 1994, e logo de constatar a necesidade de contar cun centro de documentación no que se recollesen todas as iniciativas normalizadoras que se están a realizar no país, co dobre obxectivo de salvagardar esa documentación e de dala a coñecer, unha das primeiras accións da CTNL foi elaborar unha proposta de creación e funcionamento dun centro de documentación sobre normalización lingüística. A CTNL fíxolle chegar a proposta formal á Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega e esta aprobou en xuño de 1996 a creación do APNL (hoxe Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, CDSG), que comezou a funcionar en setembro dese mesmo ano.

* Informe-proposta sobre a organización dos servizos lingüísticos locais (1998)
Trátase dun amplo estudo no que se propón un novo modelo organizativo dos servizos lingüísticos municipais, o cal, sen incrementar o orzamento dedicado, ofrece un grao de coordinación e de eficacia e eficiencia no traballo superior ao acadado coa "estrutura" existente nese momento. A devandita proposta foi presentada nos II Encontros para a Normalización Lingüística, e entregada a diversos organismos e entidades do país (institucións, partidos políticos…). A partir de aquí nacerá o Consorcio de Planificación Lingüística.

* Definición dos SNL e SL e dos perfís profesionais dos/das técnicos/as de normalización lingüística (2005-2007)
Outro dos grandes proxectos neste campo de actuación é a elaboración dun estudo sobre a situación dos servizos lingüísticos en Galiza, que inclúe unha análise do seu status actual e propostas de mellora (definición de perfís profesionais, modelos de procesos selectivos...).
Previamente a este estudo realizouse unha proposta de recomendacións e requisitos mínimos que deben cumprir as convocatorias de postos de traballo para os servizos lingüísticos das administracións públicas galegas, que foi amplamente difundido.

* Ademais, fixéronse múltiples proposta puntuais dirixidas a diversas entidades e institucións, colaborouse con moitas outras na posta en marcha de diversos proxectos, participouse e apoiáronse de forma activa iniciativas como a plataforma que procuraba un Plan xeral de normalización lingüística aberto e participativo, en 2003, a constitución da Asociación PuntoGal, a plataforma Queremos Galego, en 2009, etc.


A CTNL forma parte, ademais, da Comisión Asesora do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) e do Consello Municipal da Lingua do Concello de Vigo.


PRESENTACIÓN | OBXECTIVOS | ESTATUTOS


Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego