..:: Novas da CTNL (CTNL) ::.. http://www.ctnl.org/ CTNL http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss Comunicado da CTNL en relación coa Instrución 3/2024 do Concello de Ferrol http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1556 A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua pronúnciase sobre a instrución do Concello de Ferrol que obriga a redactar os contratos exclusivamente en lingua española. Este texto é a Instrución 3/2024, de implementación de certas medidas de tramitación para a simplificación e axilidade administrativa, que se fixo pública o pasado 10 de abril.]]> Nova directiva da CTNL presidida por Mónica Fernández Valencia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1552 Na Asemblea Xeral que tivo lugar o sábado 9 de marzo foi elixida, por unanimidade, a nova directiva da CTNL, que encabeza Mónica Fernández Valencia, con Paula Soto como secretaria e Xesús Mosquera como tesoureiro. Na asemblea tamén se deu conta do traballo do último ano e debatéronse as liñas de acción para 2024.]]> Asemblea Xeral da CTNL: 9 de marzo en Compostela (asemblea, xantar e roteiro por Compostela) http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1551 A CTNL convoca as súas socias e socios á Asemblea Xeral ordinaria de 2024, que terá lugar o sábado 9 de marzo, a partir das 10:00 da mañá na Sala Circular do Auditorio de Galicia. Alén de programarmos o novo ano, nesta Asemblea escollerase unha nova Xunta Directiva. Posteriormente celebrarase un xantar na cafetería do propio auditorio e un roteiro por Compostela, aos cales poden acudir socios/as e non socios/as.]]> Consulta ás socias e socios da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1550 Para coñecermos a vosa opinión sobre aspectos de funcionamento e comunicación da nosa asociación, na última asemblea xeral da CTNL aprobamos realizar unha consulta ás persoas asociadas. Podes cubrila aquí até o 23 de decembro.]]> A CTNL lamenta a supresión do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1549 A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua fai público un comunicado para expresar o malestar pola supresión inesperada do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e solicita a recuperación do servizo o antes posible.]]> A CTNL presenta alegacións á modificación da RPT de Culleredo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1536 A CTNL presentou alegacións á aprobación inicial da modificación da relación de postos de traballo do Concello de Culleredo, acordo que converte a praza de técnico/a de normalización lingüística en técnico/a de cultura.]]> Aprobamos as liñas de traballo para este 2023 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1533 O sábado pasado, 4 de marzo, tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobamos as liñas de acción para seguirmos #traballandoenlingua neste 2023.]]> Vémonos o 4 de marzo na Asemblea Xeral da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1530 A CTNL convoca as súas socias e socios á súa Asemblea Xeral anual, que terá lugar o sábado 4 de marzo, a partir das 10:00 da mañá na Sala Circular do Auditorio de Galicia. Posteriormente celebrarase un xantar na cafetería do propio auditorio, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.]]> A CTNL solicita ao Concello de Val do Dubra que equipare a praza de TNL ao subgrupo A1 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1487 A CTNL dirixiuse ao Concello de Val do Dubra para solicitarlle a modificación das bases da convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística co fin de equiparala a un subgrupo A1 da función pública.]]> Aprobadas as liñas de acción da CTNL para 2022 e elección dunha nova Xunta Directiva http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1472 O pasado 12 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2022 e elixiuse unha nova Xunta Directiva para o período 2022-2024.]]> Convocatoria da Asemblea Xeral da CTNL: presencial e con xantar posterior http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1471 Logo das asembleas en liña do ano pasado, a CTNL retoma as xuntanzas presenciais e convoca a súa Asemblea Xeral anual para o sábado 12 de marzo. Terá lugar a partir das 10:00 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.]]> A CTNL pídelle ao Concello de Rianxo que cubra a súa praza de técnico/a de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1469 A CTNL dirixiuse ao Concello de Rianxo para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística, vacante desde o mes de setembro. O SNL do Concello de Rianxo estivo en funcionamento de forma continuada durante máis de cinco anos.]]> A CTNL solicítalle á Universidade de Vigo a modificación das bases da convocatoria de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1464 Tras a publicación das bases da convocatoria de dúas prazas de técnico/a de normalización lingüística no DOG do 15 de decembro, a CTNL presentou un recurso de reposición para solicitar que se inclúa como requisito o máximo nivel de coñecemento da lingua galega e que se valore no concurso a experiencia laboral noutras entidades. ]]> CTNL: 25 anos traballando en lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1461 Entre 1996 e 2021 transcorreron 25 anos de traballo da CTNL. Para celebrar este aniversario difundimos cinco conversas gravadas en liña sobre diversos aspectos do percorrido da asociación: primeiros anos, contexto de traballo, relación cos SNL, actividades e recursos e presente e futuro. Publicaranse en YouTube entre o 15 e o 19 de decembro.]]> A CTNL presenta alegacións á modificación da RPT do Concello de Betanzos, que inclúe a praza de TNL como grupo II http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1460 O Concello de Betanzos anunciou no BOP do 18 de novembro a aprobación inicial da modificación da súa relación de postos de traballo. O cambio xa inclúe a praza de técnico/a de normalización lingüística, pero modifica o grupo de contratación. Polo tanto, a CTNL presentou alegacións co fin de que se inclúa a praza como grupo I na aprobación definitiva da RPT.]]> Modificados os Estatutos e aprobadas as liñas de acción da CTNL para 2021 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1443 O pasado 6 de marzo tiveron lugar en liña dúas asembleas da CTNL: unha extraordinaria para realizar unha modificación de trámite dos Estatutos e a ordinaria anual co fin de dar conta do traballo realizado en 2020 e marcar as liñas de traballo de 2021.]]> A maioría dos/das técnicos/as de normalización lingüística dos concellos galegos teñen contratos temporais ou de interinidade http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1439 Con motivo da denuncia do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Pontevedra pola forma de contratación da TNL desta cidade, a CTNL quere lembrar que o 70% dos TNL dos concellos traballan con contratos temporais e que, en todo caso, ter un contrato temporal non é un privilexio, senón unha situación de inestabilidade laboral.]]> O 6 de marzo, asembleas extraordinaria e ordinaria da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1436 A CTNL convoca os/as seus/súas socios/as a dúas asembleas que terán lugar en liña na mañá do sábado 6 de marzo. A primeira convocatoria é para unha asemblea extraordinaria, por ser preciso modificar un detalle dos estatutos. A segunda é para a asemblea xeral ordinaria anual, onde se acordará o traballo para este 2021.]]> Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1432 A CTNL edita unha guía sobre o funcionamento dos procesos selectivos, pensada para as persoas aspirantes a postos de técnico/a de normalización lingüística. O Manual de procesos selectivos para técnicos/as de normalización lingüística foi elaborado por Andrea Garrido Juncal e Carla Casanueva Muruais, especialistas en Dereito Administrativo. Está dispoñible para a súa descarga gratuíta aquí.]]> A CTNL solicita ao Concello de Vilagarcía de Arousa a cobertura da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1430 A CTNL dirixiuse ao Concello de Vilagarcía de Arousa para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística, vacante desde hai medio ano. O SNL do Concello de Vilagarcía de Arousa estivo en funcionamento desde 1990 até agosto de 2020.]]> Agasallo.eu, unha porta para regalarmos en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1424 Agasallo.eu é un web creado pola CTNL onde se recollen propostas para regalar en galego. Libros, música, audiovisual, xogos, produtos téxtiles e de alimentación son algunhas das categorías onde procurarmos ideas para escoller os nosos agasallos.]]> A CTNL presenta alegacións á aprobación da RPT de Betanzos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1407 Concello de Betanzos anunciou a aprobación provisional da súa relación de postos de traballo (nos BOP do 16 de marzo e do 17 de xuño). Neste documento non se inclúe a praza de técnico/a de normalización lingüística, posto existente en Betanzos desde o ano 2005. Polo tanto, a CTNL presentou alegacións co fin de que se corrixa esta eiva na aprobación definitiva da RPT.]]> Nova Xunta Directiva da CTNL e aprobadas as liñas de acción para 2020 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1405 O pasado 7 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2020 e elixiuse unha nova Xunta Directiva para o período 2020-2022.]]> A CTNL solicita o reforzo do SNL do Concello de Ferrol http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1402 A CTNL dirixiuse ao Concello de Ferrol para solicitarlle o reforzo do seu servizo de normalización lingüística cun incremento do persoal técnico. As subvencións da Deputación da Coruña para o reforzo dos SNL das cidades poden ser unha primeira axuda para aumentar o cadro de persoal deste departamento.]]> Praza de TNL de Carballo: a CTNL solicita que se cubra o antes posible http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1397 A CTNL dirixiuse ao Concello de Carballo para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística, vacante desde hai máis dun ano. O SNL do Concello de Carballo estivo en funcionamento durante case 15 anos e participou activamente na creación de diversos proxectos colaborativos entre SNL das administracións locais.]]> A CTNL solicita ao Concello de Arteixo a cobertura da praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1396 A CTNL dirixiuse ao Concello de Arteixo e solicitoulle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística para que continúe funcionando o SNL creado o hai máis de 20 anos.]]> Sábado 7 de marzo: Asemblea Xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1395 A CTNL convoca a súa Asemblea Xeral anual para o sábado 7 de marzo. Terá lugar a partir das 10:00 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.]]> Quen cres que pode contarnos ideas, propostas e experiencias para o futuro da lingua? Proponnos participantes para o LGx15 2019! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1383 Parece que falta moito tempo, pero na CTNL xa comezamos a organizar a edición deste ano do LGx15. Ideas para o futuro da lingua e queremos saber a túa opinión para decidirmos o programa. Quen queres ver e escoitar no escenario do LGx15 de 2019? Envíanos as túas propostas ata o 24 de maio a info@ctnl.gal e terémolas en conta para deseñar o programa definitivo. ]]> Proposta da CTNL para os programas das eleccións municipais 2019 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1379 A CTNL está a dirixir ás diversas organizacións políticas con implantación no país e mais ás candidaturas das sete cidades unha proposta coa finalidade de que a teñan en conta para incorporar nos seus programas electorais, e que, polo tanto, se poida despois levar a cabo ou defender desde os concellos. O texto refírese ao traballo necesario e xusto no ámbito da normalización lingüística.]]> Aprobadas as liñas de acción da CTNL para 2019 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1372 O pasado 9 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2019.]]> Cita o 9 de marzo: Asemblea Xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1360 O sábado 9 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral anual. Será a partir das 10:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.]]> A CTNL solicita ao Concello de Nigrán a cobertura da súa praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1357 A CTNL dirixiuse ao Concello de Nigrán para solicitarlle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística para que continúe funcionando o SNL creado o pasado mes de novembro.]]> A CTNL solicita ao Concello de Oleiros que inclúa a praza de TNL na súa RPT http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1351 aprobación da relación de postos de traballo do Concello de Oleiros, a CTNL solicitoulle que a modifique puntualmente e inclúa neste importante documento organizativo a praza de técnico/a de normalización lingüística con que conta desde hai 10 anos. Esta inclusión suporía un grande avance cara á estabilización do SNL.]]> A CTNL diríxese aos concellos de Outes e de Arzúa para que inclúan as súas prazas de TNL na próxima aprobación da RPT http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1347 Ante a aprobación inicial das relacións de postos de traballo de Outes e Arzúa, a CTNL dirixiuse a estes concellos para que inclúan neste documento unha praza de técnico/a de normalización lingüística. Desta forma poderían dar estabilidade aos SNL temporais destes dous concellos.]]> A CTNL solicita ao Concello de Val do Dubra que non suprima a praza de TNL da súa RPT http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1341 O Concello de Val do Dubra acaba de anunciar a aprobación inicial da modificación da súa relación de postos de traballo. Nela suprime a praza de técnico/a de normalización lingüística para transformala nun posto de técnico/a de Administración xeral. A CTNL pídelle que recúe nesta decisión, que supón a eliminación do SNL propio despois de 15 anos de existencia.]]> A competencia das entidades locais en normalización lingüística e os servizos de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1336 As entidades locais galegas teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística mais desenvólvenas de forma dispar. Só as deputacións e medio cento de concellos contan con servizos técnicos para asesorar e guiar a institución na súa política lingüística; e esta escaseza de persoal técnico compleméntase cunha inestabilidade laboral xeneralizada. A CTNL reclama máis implicación das institucións para crearmos unha rede profesional e estable de servizos de normalización lingüística e mellorarmos conxuntamente o labor de promoción do uso e o prestixio da lingua.]]> A CTNL reclama ao Concello de Vimianzo a continuación e a estabilización do SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1327 Tras máis de tres meses desde que finalizou o proceso selectivo e case cinco sen servizo de normalización lingüística (SNL), o Concello de Vimianzo aínda non cubriu a praza de TNL convocada en xaneiro. A CTNL solicitoulle que cubra a praza e que dea estabilidade ao servizo de normalización lingüística.]]> A quen che gustaría oír no LGx15 deste ano? Proponnos candidatas/os! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1326 Lembras como foi a edición do ano pasado do LGx15?, e a de 2016?, e a primeira? Na CTNL xa comezamos a organizar a edición deste ano e queremos saber a túa opinión para decidir o programa. A quen che gustaría ter no escenario do LGx15 de 2018? Envíanos as túas propostas ata o 22 de maio a info@ctnl.gal e terémolas en conta para deseñar o programa definitivo.]]> Grazas ás túas achegas o traballo da CTNL mellora! Anímaste a participar? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1318 Tes unha chea de propostas e ideas que contribuirán a mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...]]> Nova Xunta Directiva da CTNL e aprobadas as liñas de acción para 2018 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1316 O pasado 3 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2018 e elixiuse unha nova Xunta Directiva.]]> 3 de marzo, asemblea xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1312 O sábado 3 de marzo, a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar a partir das 10:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.]]> A CTNL diríxese ao Concello de Nigrán para que non interrompa o SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1301 O pasado 1 de setembro, a CTNL dirixiu un escrito ao Concello de Nigrán para solicitarlle que reconsiderase a decisión de interromper o SNL creado hai un ano ao abeiro das axudas da Deputación Provincial de Pontevedra.]]> Volve o LGx15 e ti podes participar! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1298 Xa temos data para a vindeira edición do LGx15: o xoves 9 de novembro. E este ano temos unha proposta nova: queremos que teñas a palabra para influír no uso e prestixio da lingua. Podes ser ti (si, ti!) unha das persoas que interveña contando as súas experiencias, reflexións, propostas e ideas para o futuro da lingua. Inscríbete en info@ctnl.gal até o 17 de setembro.]]> As axudas para a normalización lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra dirixidas ás entidades locais. Valoración da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1297 Logo de dúas convocatorias (2016 e 2017) e as correspondentes resolucións (2016, 2017 e nota de prensa deste ano), a CTNL analiza a liña de axudas para a normalización lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra dirixidas ás entidades locais.]]> A CTNL solicítalle ao Concello de Vigo a modificación das bases da bolsa de emprego para TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1296 A CTNL dirixiuse ao Concello de Vigo para solicitarlle a modificación das bases que regulan a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de técnicos/as de normalización lingüística. A petición da CTNL consiste na modificación do grupo de contratación, que debe ser A1.]]> A CTNL pediulle ao Concello de Oroso a corrección das bases da convocatoria dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1293 A CTNL dirixiuse ao Concello de Oroso para solicitarlle a modificación do exercicio práctico na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O suposto práctico consiste nunha tradución do castelán ao galego, o que non se axusta ás funcións da praza, que ademais veñen ben detalladas na convocatoria.]]> A CTNL solicitoulle ao Concello de Cambre a modificación das bases da convocatoria dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1291 A CTNL dirixiuse ao Concello de Cambre para solicitarlle a modificación da relación de funcións na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, así como a supresión de temas específicos non acordes coas funcións específicas dunha praza de TNL.]]> Entre todas e todos melloramos os proxectos da CTNL! Participas? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1278 Tes unha chea de propostas e ideas para mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...]]> 11 de febreiro, asemblea xeral e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1273 O sábado 11 de febreiro a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar a partir das 11:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao que poden acudir socios/as e non socios/as.]]> A CTNL solicita a mellora das axudas para a normalización lingüística da Deputación de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1266 A CTNL dirixiuse á Delegación de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra para solicitarlle melloras en próximas convocatorias de axudas para a normalización lingüística desde a entidade provincial. Desde a CTNL propoñemos modificacións co fin de promover o traballo técnico en normalización lingüística a través de SNL estables, dotados de persoal e orzamento suficiente, pois só desta maneira se poden planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística con visión de futuro e de maneira estrutural.]]> Desta vez si..., subimos ao Pindo! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1259 Intentámolo hai tres anos e a néboa non nos deixou. Agora probamos de novo e esperamos ter mellor sorte. O 24 de setembro cargaremos baterías despois do verán subindo ao Olimpo Celta! ]]> Propostas da CTNL para as eleccións galegas do 25 de setembro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1258 A CTNL enviou ás principais organizacións políticas que se presentan ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016 diversas propostas en materia de política lingüística. Nelas recóllense aspectos como o labor transversal en normalización lingüística, a necesidade do traballo técnico dos SNL, a formación de adultos, etc.]]> A CTNL solicita a mellora na planificación e xestión dos cursos preparatorios para as probas Celga http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1253 A sexta parte de cursos que en 2010, convocatoria sen datas de probas anunciadas, falta de planificación e sen cooperación cos SNL, prazo de inscrición en datas inadecuadas, grupos demasiado numerosos e desiguais... Por estes motivos, desde a CTNL solicitámoslle á SXPL a mellora na planificación e xestión da formación en lingua galega e a inmediata convocatoria das probas Celga.]]> A CTNL pediulle ao Concello de Muros a modificación das funcións na súa convocatoria de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1251 A CTNL dirixiuse ao Concello de Muros para solicitarlle que modifique a relación de funcións na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. Tamén lle solicitou que se especifique o grupo laboral da praza.]]> A CTNL solicita ao Concello da Estrada a continuación do proceso selectivo para a praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1246 Tras máis de sete meses co proceso selectivo paralizado, a CTNL dirixiu un escrito ao Concello da Estrada para solicitar que se retome e se resolva o máis axiña posible o proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de normalización da lingua (TNL).]]> A CTNL solicita ao Concello de Redondela que modifique as bases específicas para a convocatoria dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1244 Ante a publicación no BOP de Pontevedra das bases específicas para a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización da lingua do subgrupo A2, para a que se pide grao ou diplomatura e Celga 4, a CTNL dirixiu un escrito ao concello redondelán para solicitar a corrección destas bases.]]> Para festexarmos as Letras Galegas, propomos de novo Que se vexa! o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1241 Desde a CTNL volvemos propor que se utilice a celebración das Letras Galegas para dar máis visibilidade á nosa lingua en todas as situacións sociais. Con este fin retomamos o mesmo lema e logo do ano pasado, porque continuamos a pedir Que se vexa! O galego. A proposta enviarase a concellos, institucións, centros de ensino, entidades, etc.]]> Que ben traballamos en grupo! Grazas ás túas achegas os proxectos melloran. Anímaste a participar? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1238 Tes unha chea de propostas e ideas para mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...]]> Anxos Sobriño, nova presidenta da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1229 Na Asemblea Xeral que tivo lugar o sábado 20 de febreiro foi elixida, por unanimidade, a nova directiva da CTNL, que encabeza Anxos Sobriño, con Rosa Moreiras como secretaria e Queca Carballo como tesoureira.]]> Asemblea, vermú e xantar de 20 aniversario da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1228 Vinte anos non é pouco. Vinte anos non é nada. Nestes días celebramos os 20 anos da CTNL... Si, 20 anos! E, claro, queremos celebrar contigo este tempo de traballo en lingua e queremos facelo de dúas maneiras... Cunha festa sesión vermú e cun xantar!]]> Vinte anos da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1227 Da primeira asemblea da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que tivo lugar o 10 de febreiro de 1996, cúmprense hoxe vinte anos... Vinte anos de ideas, proxectos, cursos, propostas, encontros, denuncias, ilusións, xuntanzas, campañas... Vinte anos impulsando o traballo en lingua. [Vídeo conmemorativo no interior]]]> A CTNL reclama estabilidade e condicións salariais axeitadas para a normalización lingüística en Vimianzo e Zas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1226 Ante o despedimento en decembro e a posterior convocatoria, en condicións precarias, dunha nova praza en xaneiro de técnico/a de normalización lingüística para Vimianzo e Zas, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) solicita que se lle dea estabilidade ao Servizo de Normalización Lingüística deses dous concellos, e que se faga nas condicións laborais axeitadas]]> A CTNL denuncia o atraso das probas Celga e a centralización do lugar de realización dos exames http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1225 Ante a recente convocatoria das probas do Celga en lingua galega a CTNL solicita, unha vez máis, as melloras necesarias en todo o proceso da convocatoria ]]> Ante a reducida, tardía, dificultosa e descoordinada convocatoria de cursos Celga, solicitamos a mellora na súa planificación e xestión http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1218 A sexta parte de cursos que en 2010, convocatoria moi tardía e sen datas de probas anunciadas, falta de planificación e coordinación, prazo de inscrición demasiado limitado e en pleno agosto, grupos demasiado numerosos e desiguais, desconsideración dos servizos de normalización lingüística... Por estes motivos, desde a CTNL solicitámoslle á SXPL a mellora na planificación e xestión da formación en lingua galega e a inmediata convocatoria das probas Celga.]]> Para a implicación das deputacións no fomento do galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1214 Debido a que nas vindeiras semanas se constituirán os plenos e gobernos das deputacións, desde a CTNL remitímoslles nos últimos días a todas as organizacións políticas unha proposta para a implicación dos entes provinciais no fomento do galego. Coñece aquí en que consiste...]]> Proposta da CTNL para os programas das eleccións municipais 2015 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1204 Desde a CTNL enviámoslles ás diversas organizacións políticas con implantación no país e mais ás candidaturas das sete cidades esta proposta, coa finalidade de que a teñan en conta para incorporar nos seus programas electorais, e que, polo tanto, se poida despois levar a cabo ou defender desde os concellos ]]> Para celebrar mellor as Letras Galegas, desde a CTNL propomos... Que se vexa! o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1203 «Queremos unha lingua viva, útil, moderna, atractiva, visible. Queremos un idioma para tod@s. E queremos que se vexa! E a celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma.» Así comeza a proposta que a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) lle envía a todos os concellos, institucións, centros de ensino, entidades, etc.]]> As túas achegas son necesarias para os proxectos que cómpre levarmos adiante. Participas? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1197 Ti tes unha chea de propostas e ideas que desde a CTNL temos que aproveitar. Opinión de como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia en como organizar algo, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas para facermos cousas...]]> Liñas de acción da CTNL para 2015 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1193 Visibilización e defensa do traballo en normalización lingüística, varios cursos, unha xornada de transmisión de ideas para a lingua ou a continuidade de proxectos como Gústame o galego, Como cho digo ;-) ou Agasallo.eu, entre as liñas de acción da CTNL para este 2015]]> Sábado 28 de febreiro, asemblea xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1191 O sábado 28 de febreiro a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, A Nave de Vidán]]> Denuncian que non teñen en conta os/as técnicos/as para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1182 A CTNL denuncia que o Comité de Expertos sobre linguas minoritarias non ten en conta o coñecemento, a visión nin a opinión dos/as técnicos/as que traballan no día a día no proceso de normalización lingüística nos diversos ámbitos e zonas do país]]> Proposta para que as deputacións se impliquen no proceso de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1178 A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) envioulles ás deputacións provinciais unha proposta para que cumpran coa súa obriga legal e coa responsabilidade social no proceso de normalización da lingua galega. Propóñenlles que asuman a súa función de cooperar cos concellos para que estes poidan contar con servizos de normalización lingüística co obxectivo de incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos sociais dos municipios e comarcas.]]> A CTNL denuncia a utilización de bolsas de formación para cubrir postos de traballo nos Lectorados de galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1168 Ante a recente convocatoria de Lectorados de galego feita pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) denuncia «a utilización perversa de bolsas de formación para evitar contratar as/os traballadoras/es» e solicita que «se regule a situación de todos os Lectorados a través de contratos xustos e en igualdade de condicións»]]> A CTNL ante a xestión da SXPL da Xunta cara ao desmantelamento do proceso de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1161 Despois do comezo co desmantelamento lexislativo, chegou o desmantelamento económico, técnico e humano. Unha xestión da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta que só pode ser entendida co obxectivo de desarticular o proceso de normalización da lingua galega. Desde a CTNL cremos que isto non pode seguir así e que, ou se dá un inesperado, inmediato e radical cambio a esta situación, ou o secretario xeral de Política Lingüística encargado de executar ese desmantelamento ten que asumir responsabilidades políticas e presentar a súa dimisión]]> Martes 25, presentación da campaña Como cho digo ;-) http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1159 Nun acto público no espazo cultural da Nave de Vidán, en Santiago de Compostela, este martes 25 de marzo, ás 20.00 h, terá lugar a presentación de Como cho digo ;-), campaña de visibilización do uso do galego. No acto intervirán diversas persoas participantes na campaña]]> Liñas de acción da CTNL para 2014-2015 e renovación da xunta directiva http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1153 Este sábado 8 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral da CTNL, en que se aprobaron por unanimidade as liñas de acción do colectivo para o próximo exercicio e se elixiu xunta directiva para os dous vindeiros anos]]> Sábado 8 de marzo, asemblea xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1149 O sábado 8 de marzo a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, A Nave de Vidán]]> Os/as técnicos/as de normalización lingüística dos concellos piden a anulación da actual convocatoria de cursos Celga e unha mellor planificación por parte da Xunta http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1147 Ante a comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia relativa aos cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga 2014, técnicas e técnicos de normalización lingüística da administración local e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) piden que se anule esa convocatoria «pois o que consegue é dificultar cada vez máis que unha persoa que queira aprender galego poida facelo». Propoñen un novo método que lles facilite ás persoas interesadas a asistencia a cursos para a súa formación lingüística]]> Agasallo.eu, unha plataforma na rede en que xa podes buscar regalos en galego de todo tipo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1139 Un disco, un xogo, unha camisola, un libro, unha cea, unha entrada a un concerto, un licor ou viño, unha subscrición, un dvd, unha fin de semana de turismo rural... En galego tes unha chea de opcións para elixir regalos, e a plataforma Agasallo.eu ten o obxectivo de propolas, difundilas e facer que a xente as coñeza e as teña sempre en conta]]> De xoves a domingo, a CTNL en Pontevedra, no Culturgal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1137 Este ano a CTNL xa imos para Pontevedra a véspera de comezar o Culturgal, e facémolo para recoller o Premio Xoán Manuel Pintos, concedido pola campaña Gústame o galego. E, de venres a domingo, estaremos no Pazo da Cultura, en Culturgal, onde o sábado pola mañá presentaremos a plataforma Agasallo.eu e pola tarde celebraremos o 1.º aniversario de Gústame o galego]]> A CTNL é recoñecida co premio Xoán Manuel Pintos pola campaña Gústame o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1132 O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua concédenlle o premio Xoán Manuel Pintos 2013 á campaña Gústame o galego, da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), así como á editorial Kalandraka]]> O desmantelamento do galego por parte da Xunta non cesa nos orzamentos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1130 O goberno de Feijóo dedicaralle á lingua en 2014 menos dun terzo do que lle dedicaba o goberno de Fraga hai 20 anos, en 1993, tamén en época de recesión. Se a Xunta non modifica e incrementa notablemente estes orzamentos, non pode dicir que non ten nada en contra da lingua ]]> Gústame o galego, a campaña que non para de sumar apoios para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1124 Xa son máis de 5.000 as persoas que participaron sacando e difundindo unha foto cun lema en apoio ao proceso de normalización da lingua galega, máis de 10.000 as persoas seguidoras en Facebook, máis de 50 as sesións de photocall, e un alcance na rede que, nalgunhas semanas, rolda as 70.000 persoas]]> Coñece e colabora nos proxectos do Viveiro de propostas normalizadoras 2013 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1108 Despois da xuntanza do Viveiro de propostas normalizadoras que tivo lugar o 29 de maio, publicamos agora os nove proxectos presentados, para que todas as persoas interesadas en colaborar con algún deles poidan facelo, anotándose para iso ata o 14 de xuño]]> Para botar a lingua de fóra..., subimos ao Pindo! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1107 Temos que seguir visibilizando a lingua! E, se cadra, tamén literalmente :-P. A xente que, dun ou doutro xeito, traballamos polo galego estamos acostumada aos esforzos, e de moitos tipos, e, como seguro que imos ter que seguir facéndoos, desde a CTNL propomos unha xornada de convivencia, saúde, natureza, paisaxe e, por que non, tamén cun chisco de esforzo conxunto. Así que, o sábado 22 de xuño, imos botar a lingua de fóra...: subimos ao olimpo Celta, ao Monte Pindo!]]> Pola creatividade galega e a calidade lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1105 Comunicado da CTNL para que as administracións públicas desenvolvan as súas accións comunicativas desde o galego e con calidade lingüística, e para que a Xunta paralice as diferentes campañas nas que descoida a lingua e as reinicie desde o galego ]]> Accións previstas para desenvolver pola CTNL en 2013 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1079 O 2 de marzo tivo lugar a asemblea xeral da CTNL, na que aprobamos por unanimidade as liñas da acción para 2013. Desenvolvemento de diversos obradoiros e encontros, afondar no traballo colaborativo con diversos espazos e proxectos, maior visibilización do traballo normalizador no país, etc., son algunhas das accións que se desenvolverán]]> A Xunta desmantela a lingua tamén nos orzamentos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1059 O goberno de Feijóo dedicaralle á lingua en 2013 tan só un terzo do que lle dedicaba o goberno de Fraga hai 20 anos, en 1993, tamén en época de recesión. Estas contas provocan anulación de proxectos, redución de servizos, paralización de accións, destrución de emprego, redución da formación, etc.]]> E o galego gusta, e m8! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1049 Gústame..., que me digan “qrt m8”; ...que non me traduzan o café con leite; ...que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño; ...que me entren en galego; etc. Estas son algunhas das declaracións que máis de 700 persoas xa fixeron a través dunha foto dentro da acción “Gústame o galego”, que desde a CTNL comezamos no Culturgal, coa intención de darlle continuidade ao longo de todo o ano ]]> Pedimos a volta á transversalidade e ao consenso da política lingüística da Xunta coa conformación do novo goberno http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1047 Desde a CTNL pedimos que Política Lingüística pase a ser unha área transversal no organigrama do novo goberno e non estea encadrada nas consellarías de Educación nin de Cultura. Ademais, é o momento de volver ao consenso que supuxo o PXNLG, polo que pedimos que xa o nomeamento do novo goberno sirva para visualizar un cambio de actitude]]> A CTNL propón unha mellor planificación e xestión dos Celga e remítelle á Xunta unha proposta integral de mellora http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1028 Cinco anos despois da implantación do sistema de acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas, o sistema Celga, e logo dun amplo proceso de análise e reflexión, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fai pública e remítelle á Xunta unha proposta integral coa finalidade de mellorar o sistema e de que se corrixan as numerosas eivas detectadas]]>