..:: Novas da CTNL (Lingua) ::.. http://www.ctnl.org/ Lingua http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss O LGx15 de 2023 será no Teatro Principal de Pontevedra o 28 de outubro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1547 Anunciamos a novena edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da CTNL para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o 28 de outubro ás 19.00 h, coa colaboración da SXPL, do Concello de Pontevedra, de Deleite e da Fundación Galicia Sustentable.]]> En agosto volve #veránlingua, o cancelo estival para revisarmos recursos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1544 Por segundo ano consecutivo, desde a CTNL durante este mes de agosto, ademais das novas de interese para o colectivo que se produciren, compilaremos día a día na nosa conta de Twitter, recomendacións de lecturas, audiovisuais, webs de proxectos… Porque entendemos que o verán é tempo de facer as cousas con máis vagar e temos a oportunidade de deternos nalgúns recursos que talvez xa anunciamos durante o ano, pero agora podemos revisar cando os días son máis longos e solleiros. Tamén poder dirixir a ollada cara a outros dominios lingüísticos e ver e saber máis sobre o que se está a facer neles.]]> Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Narón http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1543 O Concello de Narón publicou no BOP de hoxe a súa Ordenanza de normalización lingüística. Este texto aprobouse no Pleno da Corporación do pasado 27 de abril.]]> Queremos Galego convoca concentracións o 17 de maio para reivindicar o galego, aquí e agora http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1537 A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca para o 17 de maio concentracións nas cidades e nas principais vilas de Galiza. O lema da convocatoria deste ano de eleccións locais é "En galego, aquí e agora". ]]> PuntoGal e a CTNL colaboran para potenciar a difusión de produtos en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1534 A asociación PuntoGal e a CTNL acabamos de asinar un convenio de colaboración para traballar conxuntamente na difusión de produtos en galego por medio do proxecto Agasallo.]]> Novo Regulamento de usos lingüísticos da USC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1499 O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou o 28 de outubro un novo Regulamento de usos lingüísticos da USC que actualiza o anterior texto normativo de 1993. O novo regulamento busca adaptarse a realidades, como as novas tecnolóxicos ou os contextos multilingües, que o anterior texto non consideraba. ]]> Laboratorio de Apoderamento Lingüístico en Ferrolterra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1496 A cooperativa Rexenerando, de Ferrol, desenvolve en catro centros de ensino da comarca de Ferrolterra un Laboratorio de Apoderamento Lingüístico, un proxecto piloto de dinamización do uso do galego entre a mocidade, financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) a través do programa TeCe Redes. ]]> O LGx15 regresa o 27 de outubro á Sala Capitol http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1494 Chega a oitava edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da CTNL para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o 27 de outubro ás 18.00 h, e conta coa colaboración económica da SXPL.]]> #veránlingua, o cancelo para revisarmos recursos no mes de agosto http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1491 Durante este mes de agosto, ademais das novas que se produciren, compilaremos na nosa conta de Twitter, co cancelo #veránlingua, recomendacións de lecturas, recursos audiovisuais, webs de proxectos… O verán é tempo de facer as cousas con máis calma e dános a oportunidade de deternos nalgúns recursos que talvez xa anunciamos durante o ano, pero agora podemos revisar cando os días son longos e solleiros.]]> Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Neda http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1490 O Concello de Neda aprobou a súa Ordenanza de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 30 de maio de 2022 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 26 de xullo de 2022.]]> Ordenanza municipal do uso social da lingua galega no Concello de Valdoviño http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1482 O Concello de Valdoviño aprobou a súa Ordenanza municipal de uso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 7 de abril de 2022 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 9 de xuño de 2022.]]> O 17 de maio manifestámonos "por un novo futuro para a lingua" http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1478 Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca de novo a manifestación do Día das Letras Galegas en Compostela. O lema da convocatoria deste ano é "En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua". ]]> Aquí medra a lingua, experiencias de dinamización do uso do galego na escola http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1479 Consello da Cultura Galega finalizou a publicación na rede da serie documental Aquí medra a lingua. Nela analízanse as experiencias de seis centros educativos no ámbito da dinamización da lingua galega.]]> Ordenanza de uso social da lingua galega do Concello de Ares http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1477 O Concello de Ares aprobou a súa Ordenanza de uso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 31 de xaneiro de 2022 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 24 de marzo de 2022.]]> Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Cabanas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1468 O Concello de Cabanas aprobou a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 24 de novembro de 2021 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 1 de febreiro de 2022.]]> Agasallo: do web a máis presenza en Facebook, Twitter e Instagram http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1463 Como acordamos na última asemblea, o proxecto Agasallo evoluciona a partir desde ano para estar máis presente nas redes sociais e ser xestionado con máis axilidade. Desde estes días, ademais das contas en Facebook e Twitter, incorporamos Instagram co fin de chegar a un público máis diverso. Polo contrario, o web agasallo.eu deixará de actualizarse aínda que se manterá dispoñible durante un tempo para consulta.]]> A sétima edición do LGx15 será o 16 de outubro en Santiago de Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1458 Tras a edición en 2020 desde as redes sociais, o LGx15 de 2021 volve a ser un evento con público, onde poderemos escoitar seis charlas para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar no Centro Sociocultural de Santa Marta, Santiago de Compostela, o 16 de outubro ás 18.00 h.]]> Ordenanza para o uso da lingua galega no Concello de Noia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1457 O Concello de Noia aprobou a súa Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega. O texto definitivo publicouse no BOP da Coruña do 27 de setembro de 2021.]]> Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1449 O Concello da Coruña publicou no BOP de hoxe a súa Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no Concello da Coruña. Este texto aprobouse definitivamente no Pleno da Corporación do pasado 3 de xuño.]]> Queremos Galego convoca unha concentración o 17 de maio na praza do Obradoiro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1446 A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca unha concentración na praza do Obradoiro para o Día das Letras Galegas, baixo o lema Queremos vivir en galego. Para acudir á mobilización cómpre inscribirse.]]> Proxecto Trasno bota a andar Common Voice en galego. Anímaste a participar? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1437 Os/As voluntarios/as de Proxecto Trasno fan un chamamento para participar no proxecto Common Voice en galego, cuxa finalidade é garantir a presenza da lingua galega en servizos/produtos baseados na intelixencia artificial. Se estás interesado/a, podes colaborar elaborando frases curtas, validándoas, gravándoas ou revisando as gravacións.]]> Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego no concello de Poio http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1435 O Concello de Poio aproba a súa Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego. O texto definitivo publicouse no BOP de Pontevedra do 1 de febreiro de 2021.]]> A UVigo edita unha guía práctica sobre neofalantismo destinada á educación secundaria http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1433 En galego 27/7. Da minoración ao neofalantismo é o título da publicación, froito do traballo de investigación de Fernando Ramallo, Martín Vázquez Fernández e Luís López Alonso (Universidade de Vigo) e Estefanía Mosquera Castro (IES de Pastoriza, Arteixo). A guía inclúe trece actividades prácticas distribuídas en tres bloques temáticos. ]]> Somos Xogo, unha iniciativa de Xandobela para divulgar o patrimonio lúdico galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1428 Xandobela. Educación e Cultura presentou Somos Xogo, un proxecto de divulgación do patrimonio lúdico galego e da creatividade xogantina. A iniciativa inclúe unha feira xogantina, a escola do xogar e o concurso “Xoga en galego”, que ten aberto o prazo para participar até o 28 de febreiro de 2021.]]> O ILG pon en marcha DOA, programa para a participación cidadá na recollida de léxico patrimonial http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1426 DOA é un programa de participación cidadá para a achega de datos léxicos que acaba de presentar o Instituto da Lingua Galega (ILG). DOA intégrase no proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia, que ten como obxectivo documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.]]> O LGx15 2020 comeza este domingo na túa pantalla http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1423 Este ano trasladamos a edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua ás pantallas dos vosos dispositivos electrónicos, cunha versión de vídeos en liña que se estrearán en YouTube e Facebook entre o domingo 22 e o sábado 28 de novembro ás 21.00 h.]]> I Certame GaleTikTokers http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1420 O Servizo de Normalización Lingüística e o Departamento de Mocidade do Concello de Ames convocan o I Certame #GaleTikTokers, co obxectivo de estimular a creatividade e fomentar a creación de vídeos en galego entre a mocidade. Está dirixido a mozas e mozos a partir de 14 anos. O prazo de inscrición finaliza o 30 de novembro.]]> Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1414 O Concello do Porriño aproba a súa Ordenanza de uso da lingua galega. Publicouse no BOP de hoxe, logo da aprobación definitiva polo Pleno da Corporación o pasado 26 de agosto.]]> Queremos Galego mantén as mobilizacións do 17 de maio desde as casas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1406 A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, anima a sociedade a celebrar o Día das Letras Galegas desde as casas, reivindicando a nosa lingua en xanelas e varandas e nas redes sociais baixo o lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión.]]> Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Nigrán http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1403 O Concello de Nigrán aprobou a súa Ordenanza de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 25 de novembro de 2019 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 2 de marzo de 2020.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no concello de Covelo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1401 O Concello de Covelo acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 17 de febreiro de 2020.]]> Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Gondomar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1398 O Concello de Gondomar acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras a fase de información pública e a resolución das alegacións presentadas, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 3 de febreiro de 2020.]]> A quinta edición do LGx15 será o sábado 9 de novembro en Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1392 Sábado 9 de novembro, 18.00 h e Auditorio Constante Liste da Ramallosa, Teo. Son as coordenadas para a nova edición do LGx15: oito intervencións para transmitir de maneira visual e entretida ideas, argumentos e propostas para influír nas actitudes e na conciencia lingüística, e música e humor, claro!]]> Regulamento do uso do galego no Concello de Portas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1388 O Concello de Portas aprobou o seu Regulamento do uso do galego. Tras a aprobación provisional o 8 de marzo de 2019 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 4 de xullo de 2019.]]> Regulamento do uso do galego no Concello de Moraña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1387 O Concello de Moraña acaba de aprobar o seu Regulamento do uso do galego. Tras a aprobación provisional o 7 de marzo de 2019 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 26 de xuño de 2019.]]> Campaña da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para promover o uso do galego na declaración da renda http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1378 Ante o próximo inicio da campaña da renda o 2 de abril, a Asociación de Funcionario para a Normalización Lingüística promove unha acción para incentivar o uso do galego nesta xestión: Eu [declaro] a renda en galego. É lóxico. Por dereito. ]]> Ordenanza para o impulso do galego no Concello de Cambados http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1376 O Concello de Cambados acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso do galego. Tras a aprobación provisional o 25 de outubro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 20 de marzo de 2019.]]> Ordenanza de normalización lingüística do Concello da Cañiza http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1373 O Concello da Cañiza acaba de aprobar a súa Ordenanza de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 30 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 14 de marzo de 2019.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Pazos de Borbén http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1371 O Concello de Pazos de Borbén acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 5 de marzo de 2019.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Barro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1370 O Concello de Barro acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 22 de febreiro de 2019.]]> Regulamento do uso da lingua galega no Concello de Ponte Caldelas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1369 O Concello de Ponte Caldelas acaba de aprobar o seu Regulamento do uso da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 19 de febreiro de 2019.]]> Constitúese a Asociación de Entidades Locais pola Lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1368 O Pazo de Raxoi acolleu o acto de constitución da Asociación de Entidades Locais pola Lingua, que xorde co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. Está formada inicialmente por 15 concellos.]]> Ordenanza municipal reguladora do impulso da lingua galega no Concello de Vilaboa http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1367 O Concello de Vilaboa acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal reguladora do impulso da lingua galega. Tras a aprobación inicial o 30 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 15 de febreiro de 2019.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Catoira http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1365 O Concello de Catoira acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 14 de febreiro de 2019.]]> Conéctate á comunidade e multiplícate! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1364 Logo dunha grande expectación, presentouse a terceira edición de Youtubeir@s, o concurso organizado por SNL da Administración local e das tres universidades galegas para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube. E chega cunha nova categoría, vídeo-cantarmos. Xa está aberto o período de inscrición de vídeos e canles até o 27 de setembro de 2019.]]> Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello da Guarda http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1361 O Concello da Guarda acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras a aprobación inicial o 30 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 13 de febreiro de 2019.]]> #galegoempresas, plataforma para localizar o galego nas empresas de Santiago de Compostela, Ames e Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1359 Grazas á colaboración dos servizos de normalización lingüística dos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo, nace #galegoempresas, unha plataforma para visibilizar os negocios que ofrecen produtos e servizos en galego.]]> Ordenanza municipal de uso, emprego e defensa do galego no Concello de Cerdedo-Cotobade http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1358 O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de uso, emprego e defensa do galego. Tras a aprobación inicial o 29 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 6 de febreiro de 2019.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Ribadumia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1352 O Concello de Ribadumia acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 5 de xullo de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 23 de xaneiro de 2019.]]> Ordenanza de impulso do galego no Concello de Oia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1348 O Concello de Oia acaba de aprobar a súa Ordenanza de impulso do galego. Tras a aprobación inicial o 27 de setembro e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 7 de decembro de 2018.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Valga http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1362 O Concello de Valga acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 17 de setembro e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 3 de decembro de 2018.]]> Ordenanza do uso da lingua galega no Concello da Lama http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1346 O Concello da Lama aprobou definitivamente a súa Ordenanza do uso da lingua galega. Tras a aprobación inicial o 24 de setembro e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 29 de novembro de 2018. ]]> I Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1344 O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do Departamento de Promoción Económica, crea o Premio Lingua e Empresa Concello de Ames co obxectivo de recoñecer de forma pública o uso e fomento do galego na actividade empresarial. Para optar ao premio, que está dotado con 2500 euros, cómpre presentar candidaturas até o 30 de novembro.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Fornelos de Montes http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1343 O Concello de Fornelos de Montes aprobou definitivamente a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. O texto aprobouse no Pleno do 30 de agosto e publicouse no BOP de Pontevedra do 6 de novembro.]]> Ordenanza do uso social da lingua galega no Concello de Moeche http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1342 O Concello de Moeche acaba de aprobar a súa Ordenanza do uso social da lingua galega. Tras a aprobación inicial o 16 de agosto e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 19 de outubro de 2018.]]> Só queda un mes para a cuarta edición do LGx15 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1340 O 15 de novembro, ás 18.00 h, chega á Sala Capitol de Compostela unha nova edición do LGx15. Oito novas intervencións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e propostas para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. E haberá humor e música, claro!]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Mondariz http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1337 O Concello de Mondariz acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de maio e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 9 de outubro de 2018.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello das Neves http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1332 O Concello das Neves acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 7 de marzo e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 15 de xuño de 2018.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello do Grove http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1331 O Concello do Grove acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de marzo e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 13 de xuño de 2018.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Tomiño http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1330 O Concello de Tomiño acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras o período de información pública do texto, o Pleno tomiñés aprobouna definitivamente o 24 de maio de 2018 e publicouna no BOP de Pontevedra do 13 de xuño.]]> Informe sobre as competencias da Administración local en materia de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1329 Esta mañá presentouse na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística o documento titulado Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia. O informe, elaborado pola Dirección Xeral de Administración Local, determina que “tanto a Xunta de Galicia como as entidades locais de Galicia teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística”.]]> Aprobada a Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1323 O Concello da Estrada acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras o período de información pública do texto, aprobouse definitivamente e publicouse no BOP de Pontevedra de hoxe.]]> Vídeos didácticos da USC, novo recurso para a docencia e a divulgación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1320 A natureza ondulatoria da luz, Que é unha constitución, Illando a diversidade, Os ósos están vivos... Estes son algúns dos títulos cos que bota a andar a Colección de Vídeos Didácticos da USC, unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela que pretende colectar unha serie de pezas audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación ao tempo que crear novas oportunidades de comunicación para o profesorado e o alumnado universitario.]]> Enreguéifate medra en Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1311 O proxecto Enreguéifate, que o Concello de Santiago puxo en marcha o ano pasado para difundir a improvisación oral en verso e en galego, medra nesta súa segunda edición con novas actividades e novos municipios participantes. Os concellos de Ames, Carballo e Teo súmanse á organización do proxecto, que tamén estrea web: http://enregueifate.gal/]]> Mostra @ youtubeir@ que levas dentro! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1308 Chega a segunda edición de Youtubeir@s, o concurso organizado por servizos de normalización lingüística da Administración local e das tres universidades galegas para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube. Xa está aberto o período de inscrición de vídeos e canles até o 15 de marzo de 2018. ]]> O 9 de novembro: nova edición do LGx15! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1304 O vindeiro 9 de novembro haberá unha nova edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Teremos outra vez oito presentacións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. Haberá ademais humor e música, é dicir, consistirá nun evento festivo e divertido para reflexionarmos sobre o futuro da lingua. Será ás 18 h na Sala Capitol de Compostela.]]> I Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1288 A Universidade de Santiago de Compostela crea un premio para recoñecer publicamente a persoas ou colectivos que contribuíron á normalización do uso do galego na universidade. O premio lembra a figura do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.]]> Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1283 O pasado 26 de maio o Pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou por unanimidade a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña. O texto completo pode consultarse no BOP de hoxe.]]> Aprobada a Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1271 O Concello de Betanzos acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras o período de información pública do texto, aprobouse definitivamente e publicouse no BOP da Coruña de hoxe. ]]> Chega Youtubeir@s, o novo proxecto colaborativo dos SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1268 Youtubeir@s ten como principal obxectivo incrementar a presenza da nosa lingua na rede Youtube. É unha iniciativa dirixida a maiores de 14 anos e está organizada polos servizos de normalización lingüística de once concellos e das tres universidades galegas. Inclúe un concurso de vídeos e formación específica de videocreación.]]> Volve LGx15. Ideas para o futuro da lingua! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1267 O vindeiro 24 de novembro haberá unha nova edición de LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Desta vez contaremos con oito presentacións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. Haberá ademais humor e música, é dicir, consistirá nun evento festivo e divertido para reflexionarmos sobre o futuro da lingua. Será ás 18 h e de novo na Sala Capitol de Compostela.]]> Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1262 O Concello de Ponteceso acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 14 de setembro de 2016.]]> Aprobada a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1261 No BOP de Lugo de onte, 14 de setembro, publicouse a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo. ]]> Para irmos #traballandoenlingua no ámbito socioeconómico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1255 Publicamos as conclusións do XII Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en Lingua", centrado este ano no sector socioeconómico. O curso, organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración da SXPL, o Concello de Carballo e a CTNL, tivo lugar en Carballo o 6 e 7 de xullo.]]> Encontro Hitzargiak: 23 e 24 de xuño en Hernani http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1252 Tras a compilación de boas prácticas no traballo de recuperación e promoción das linguas, chega a cita do encontro directo, da conversa, do intercambio persoal. Será en Hernani o 23 e o 24 de xuño. Neste encontro presentaranse as propostas galegas do Portal das Palabras, A memoria da lingua, Semente, Modelo Burela e o proxecto Apego.]]> Aprobada a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1250 O Concello de Teo acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 7 de xuño de 2016. ]]> Medra o Apego á lingua: o proxecto Apego amplíase a 23 concellos e a unha poboación de máis do millón de habitantes http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1239 Tras facer un ano, o proxecto Apego medra ata acadar os 23 concellos. O 9 de abril terá lugar o acto de adhesión dos novos membros, no Centro Ágora, ás 12:00. O Concello da Coruña agasallará as persoas asistentes cun concerto de “Arrolos de salitre”, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández. ]]> Hitzargiak. Linguas que se iluminan mutuamente http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1237 Hitzargiak é un proxecto enmarcado na Capitalidade Europea da Cultura de Donostia 2016 e ten como obxectivo compilar accións europeas de revitalización lingüística para favorecer o intercambio de información entre as comunidades lingüísticas. Inclúe accións como o Modelo Burela, Gústame o galego ou Apego.]]> LGx15: Charlas, música e humor para o futuro da lingua. O mércores 25 de novembro na Sala Capitol de Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1224 Seis persoas terán un máximo de 15 minutos para, de maneira visual, tratar diversos temas relacionados co futuro da lingua. Serán Xurxo Mariño, Lara Tigre, Luís Iglesia, Xosé Lois Vilar, Carmen Grimaldi e Manuel N. Singala. E, intercaladamente, tamén haberá música e humor da man de Lucía Aldao e María Lado, Xenderal e Alba María. As entradas anticipadas xa están á venda por 6 euros]]> Encontro de política lingüística municipal. 16 de novembro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1222 Actualizar o entusiasmo e activar colaborativamente a implicación dos concellos no fomento do galego son os principais obxectivos do Encontro de política lingüística municipal que terá lugar o luns 16 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela]]> A Universidade de Vigo aproba o seu Regulamento do uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1216 O Consello de Goberno do 2 de marzo de 2015 da Universidade de Vigo aprobou un regulamento que fixa os usos lingüísticos tanto no ámbito interno coma externo, en usos orais e escritos e nos rexistros, publicidade, publicacións, docencia, investigación, contratacións e convenios, etc.]]> Nace o proxecto Apego, para facilitar a socialización en galego desde a primeira infancia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1205 Apego é un proxecto de dinamización lingüística desde o nacemento desenvolvido cooperativamente por doce concellos, a través dos seus SNL, co obxectivo de implicar as familias na valoración positiva da lingua para, así, incrementar a porcentaxe de nenos/as que adquiren o galego como lingua inicial e promover que o usen de maneira habitual.]]> Para o uso, prestixio, coñecemento e difusión da lingua, a dobraxe audiovisual é imprescindible http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1200 Para podermos gozar de películas na nosa lingua, para ter oferta de lecer en galego, para contribuír á difusión do noso maior patrimonio, para acceder a realidades alleas a través da nosa visión propia e da nosa principal ferramenta de comunicación, para facilitar o coñecemento da lingua, para facer que os principais referentes audiovisuais de todas as idades tamén falen galego..., queremos dobraxe, necesitamos dobraxe]]> Doce concellos procurarán mellorar a socialización en galego na infancia co proxecto Apego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1198 Ante a preocupante situación da adquisición, socialización e uso do galego nas idades máis temperás, doce concellos queren mudar as cousas e toman a iniciativa a través do proxecto Apego. Son A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo]]> Convocado o VI Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1196 A Deputación da Coruña convoca o VI Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura 2015 para recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e dignificación da lingua e cultura galegas. Pódense presentar propostas ata o 30 de abril]]> A Mesa propón á sociedade seis medidas urxentes para a lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1194 Ante os retrocesos na política de normalización lingüística e os últimos datos que amosan o descenso do uso do galego, A Mesa pola Normalización Lingüística propón seis medidas urxentes para recuperarmos a nosa lingua e reverter o proceso que a exclúe e que provoca a redución de utentes de galego]]> Este 14 de febreiro, fain@ gozar coa lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1190 Hai mil maneiras de expresarlle amor ou paixón a alguén, a unha parella, estable ou pasaxeira, presente ou arelada. Pode ser día a día ou de xeito puntual... E sempre está ben facelo cunha sorpresiña, non? Pois o 14 de febreiro pode ser, por que non, unha data estupenda para facelo, para facer gozar coa lingua.]]> Polas fillas dos nosos fillos. Manifestación en defensa da lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1189 Este domingo 8 de febreiro, Santiago de Compostela acolle unha manifestación en defensa e posta en valor da lingua, convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego. Partirá ás 12.00 h desde a Alameda da capital galega, e percorrerá parte da cidade para chegar á praza da Quintana, onde intervirán diferentes persoas e onde haberá tamén varias actuacións]]> E Gústame o galego chega a... Barcelona! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1188 Aló onde hai xente á que lle gusta o galego é a onde procura chegar o fotocol da lingua, o posadoiro de Gústame o galego. E, neste caso, por vez primeira, estará fóra do país, mais onde tamén se estima moito o noso idioma. Este xoves, día 6, en Catalunya!]]> Un “kit” coas ferramentas básicas para a normalización lingüística xuntas e ordenadas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1184 Información básica para ter en conta antes de intervir, un decálogo de boas prácticas, información para traballar en rede ou materiais e información para a formación continua. Estas son algunhas das cousas que contén o actualizado “Kit para a normalización lingüística” que nos ofrece o Consello da Cultura Galega]]> Dez anos do unánime e incumprido Plan xeral de normalización da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1180 Anunciouse en 2002 e despois dun proceso de redacción e discusión, votouse en sede parlamentaria o 22 de setembro de 2004 o Plan xeral de normalización da lingua galega, que foi aprobado por unanimidade. Cumpre agora 10 anos, mais os seus obxectivos están por cumprir e gran parte das súas medidas por poñer en marcha]]> A nosa lingua, o noso país, estrea dominio na rede, o .gal! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1177 A nosa lingua, a nosa cultura..., o noso país está de noraboa. Xa podemos navegar con personalidade propia. A nosa achega á rede xa está identificada. Estreamos dominio propio en internet. Estreamos o .gal!]]> Entidades sociais e concello de Narón queren que o galego se visibilice nos medios http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1173 Despois da aprobación por unanimidade no pleno do Concello de Narón da declaración da campaña Como cho digo ;-), a través da que se pide que os medios de comunicación visibilicen o uso da nosa lingua, ten lugar este mércores 25 de xuño un acto público no que participarán diversos colectivos e persoas da localidade para se sumaren tamén a dicir que queren máis galego na prensa]]> Queres que mellore a formación en galego da poboación adulta? Pois dedícalle un minutiño... http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1172 Desde a Xunta de Galicia empeñáronse en poñer dificultades para a mellora do uso e prestixio da lingua galega, e semella que o queren seguir a facer, agora cun novo paso atrás na formación lingüística da poboación adulta. Queres contribuír a que rectifiquen? Pois dedica #unminutopologalego...]]> Santiago convoca o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1162 O Concello de Santiago de Compostela convoca o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego co fin de promover o uso do galego na comunicación do sector socioeconómico compostelán. O prazo remata o 15 de xuño]]> Ponse en marcha Como cho digo ;-), para a visibilización do uso do galego na comunicación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1160 Hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o galego, do que os medios reflicten. Por iso se pon en marcha esta campaña, Como cho digo ;-), para visibilizar o uso do galego na comunicación. Para que se vexa a lingua galega nos medios]]> A Xunta intenta prescindir do profesorado especializado na formación de galego para a acreditación Celga e ofrécelles os cursos a docentes de Lingua e Literatura de Secundaria http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1155 A Secretaría Xeral de Política Lingüística está intentando prescindir do profesorado específico dos cursos de galego para persoas adultas, que denunciou a súa precaria situación laboral, e quere botar man de profesorado funcionario de Lingua e Literatura Galegas de Secundaria, sen garantir a capacitación axeitada para a formación lingüística da poboación en xeral, e pagándolle como horas extras ]]> A Xunta convoca o concurso de mensaxes de amor en galego Lingua de namorar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1144 Co obxectivo de dinamizar o uso do galego nas relacións persoas da mocidade, a Xunta convoca unha nova edición de Lingua de namorar, concurso de mensaxes de amor para moz@s de até 35 anos. O prazo de presentación está aberto até o 23 de febreiro]]> Inspección de Traballo recoñece a relación laboral do profesorado Celga coa Xunta e insta a esta a unha contratación axeitada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1143 A asemblea de profesorado de formación en galego de persoas adultas que organiza a SXPL leva tempo denunciando os problemas de planificación e xestión dos cursos, e tamén a precaria e irregular situación laboral. Agora acaban de dar a coñecer o informe da Inspección de Traballo (que publicamos aquí) en que lles dá a razón e que propón unha forte sanción económica á Xunta]]> En vigor unha nova Ordenanza para o impulso social da lingua galega no concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1140 Coa finalidade de impulsar socialmente o uso e prestixio do galego en todos os ámbitos no municipio de Carballo, o seu Pleno aprobou, sen votos en contra e sen recibir alegacións, unha nova Ordenanza para o impulso social da lingua galega, que xa entrou en vigor]]> Electrodomésticos San Luís é recoñecida co premio Abertos ao Galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1136 Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa para a dinamización da lingua no ámbito empresarial, entregoulle o seu II Premio á cadea San Luís. O fundador da empresa retoma o negocio despois de que Darty, a multinacional que a mercara, decidise pechar as tendas. Xa no seu día fora un referente no uso do galego, e o lema do seu regreso é "Estamos de volta"]]> Nova edición do Premio Manuel Beiras para recoñecer o uso do galego nas empresas da capital galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1131 O Concello de Santiago e mais a Cámara de Comercio convocan a XIV edición do Premio Manuel Beiras, unha iniciativa que recoñece o uso do galego no ámbito empresarial compostelán. O prazo para presentar propostas está aberto até o 29 de novembro]]> O Campus de Lugo da USC acolle o Foro Proxéctate en Galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1123 As comisións de normalización lingüística do Campus de Lugo da USC organizan o Foro 2013 Proxéctate en Galego, un espazo de reflexión e debate sobre a normalización do idioma galego destinado á comunidade universitaria que terá lugar do 18 ao 20 de outubro]]> Vigo crea o Centro Municipal de Interpretación da Oralidade en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1120 O Concello de Vigo creou o Centro de Interpretación da Oralidade, para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial das tradicións orais galegas. A actividade do centro arrancará o 2 de outubro]]> Co galego até a fin do mundo! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1118 Co lema Co galego até a fin do mundo!, a plataforma cidadá Queremos Galego organiza unha marcha a prol da lingua que ten lugar este sábado 21 de setembro en Fisterra. Parte ás 11 da mañá na Cruz de Baixar e remata no Faro de Fisterra, cun percorrido de 4 km]]> O Parlamento Europeo pide un maior compromiso dos gobernos coas linguas minorizadas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1117 O Parlamento Europeo aprobou o 11 de setembro de 2013 unha Resolución sobre as linguas europeas ameazadas, a través da que lles pide aos estados maior atención e que se comprometan coa preservación da diversidade lingüística implementando políticas de revitalización dos idiomas ameazados]]> A partir de comezos de 2014 poderemos usar o .gal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1113 A ICANN, organismo que goberna a rede, aprobou o dominio para a lingua e cultura galegas, o .gal, que está previsto que se poida comezar a utilizar xa a comezos de 2014 en sitios web que usen o galego]]> Para curiosear, coñecer, aprender, xogar..., as palabras xa teñen portal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1111 Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e o que non. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións pasen pola cabeza... E naceu O Portal das Palabras, iniciativa da RAG para a difusión do léxico galego]]> O Colexio de Avogados de Santiago, o Concello de Valga e Clodio González, premio Peña Novo polo fomento do galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1106 A Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer os gañadores da XIX edición dos Premios Lois Peña Novo, pensados para animar o proceso de normalización lingüística nas administracións públicas de Galicia e mais nas empresas que manteñen relación directa coa Administración]]> Mariña Pérez Rei gaña o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1100 "O sotaque de Aurelia" é o artigo co que a escritora e profesora Mariña Pérez Rei gañou a IX edición do certame a artigos para fomentar o uso do galego do Concello de Carballo, dotado con 1.000 euros e mais a publicación nunha ducia de medios]]> A RAG ten nova dirección, con Alonso Montero de presidente http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1094 Xesús Alonso Montero foi escollido novo presidente da Real Academia Galega (RAG), nun plenario que tivo lugar o 20 de abril e que tamén escolleu nova executiva entre as dúas candidaturas presentadas]]> Vantaxe competitiva das empresas galegas por motivos lingüísticos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1091 A Xunta e a Federación de Parques Empresariais desenvolven a campaña "Exportar en galego", para concienciar o empresariado das vantaxes competitivas que representa o galego nos países de fala portuguesa]]>