17-03-2009Lingua de Amor 2009
O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) convoca a terceira edición do seu concurso
Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet e cuxo obxectivo principal é dinamizar o uso da lingua galega entre os/as máis novos/as en espazos de comunicación habituais para eles/as, como son os correos electrónicos, foros ou chats.
O concurso está divido en dúas categorías: mensaxes e cancións. O prazo permanecerá aberto até o 10 de maio de 2009 e para as votacións será do 11 ao 17 de maio. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web
www.linguadeamor.euOs premios divídense do xeito seguinte:
DECLARACIÓNS DE AMOR EN GALEGO A TRAVÉS DA REDECategoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un ordenador portátil
2.º Unha videoconsola PlayStation3
3.º Un Ipod
Categoría B (de 20 a 35 anos):
1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas
3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas
Ademais, todas as persoas premiadas recibirán un lote de libros en galego
CANCIÓNS DE AMOR EN LINGUA GALEGA1.º Un ordenador portátil + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
3.º Un Ipod + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
Podes consultar as bases
nesta ligazón