10-03-2010O martes 16 terá lugar a segunda sesión do seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia
O vindeiro martes 16 de marzo de 2010 terá lugar a segunda sesión do Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia, que xirará arredor dos modelos posíbeis de oficialidade e mais da regulación lingüística no sistema educativo.
Esta segunda sesión contará cunha intervención a maiores das que figuran no programa. Ás 19:00 h o profesor José Manuel Vez Jeremías pechará a sesión co relatorio: “A introdución do uso vehicular das linguas estranxeiras no currículo educativo. Modelos europeos”.
PROGRAMA
Modelos de oficialidade. Linguas e ensino
9:30 horas.
Análise xeral: a política lingüística do EstadoRELATOR:
ÁNGEL LÓPEZ GARCÍA-MOLÍNS, UNIVERSITAT DE VALÈNCIA
RETRUCANTES: XAVIER FERREIRA FERNÁNDEZ E GORETTI SANMARTÍN REI
11:00 horas.
Modelos xerais de regulación institucional do plurilingüismo en EuropaRELATOR: PETER A. KRAUS HELSINGIN YLIOPISTO
RETRUCANTE: XESÚS COSTAS ABREU
12:30 horas.
Tipoloxías de política lingüística: comparación Irlanda / EuskadiRELATOR: JOSU MEZO ARANZIBIA, UNIVERSIDAD DE CASTILLA-LA MANCHA
RETRUCANTE: XAVIER VILHAR TRILHO
16:00 horas.
O estatus legal do galegoRELATORA: ALBA NOGUEIRA LÓPEZ, UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
RETRUCANTE: LUÍS VILLARES NAVEIRA
17:30 horas.
As linguas no sistema educativo galegoRELATOR: BIEITO SILVA VALDIVIA, UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
RETRUCANTES: VALENTINA FORMOSO GOSENDE E MIGUEL PÉREZ PEREIRA
19:00 horas-
A introdución do uso vehicular das linguas estranxeiras no currículo educativo. Modelos europeosRELATOR: JOSÉ MANUEL VEZ JEREMÍAS
Para asistir a esta sesión, cómpre cubrir e enviar
este formulario.