10-03-2009Convocatoria para a contratación temporal dun/ha técnico/a de Normalización Lingüística no Concello de Oroso
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 7 de marzo de 2009 publícase a convocatoria de proceso selectivo dun/ha técnico/a de normalización lingüística para o Concello de Oroso. O prazo para presentar solicitudes é de
10 días hábiles que contarán dende o seguinte ao se publicar o anuncio no BOP.
A persoa aspirante que resultar seleccionada despois do proceso selectivo terá como remate do contrato o 31 de decembro de 2011, a modalidade do contrato será a de obra ou servizo e por media xornada (18,75 horas semanais)
REQUISITOS
- Ser español maior de 16 anos
- Non estar incurso en ningunha causa de inhabilitación ou incompatibilidade para o desempeño da Función pública
- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das súas funcións
- Estar en posesión do título de licenciado ou equivalente en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa, ou Filoloxía Hispánica subsección de Galego-Portugues
SISTEMA DE ELECCIÓNO sistema de elección será o concurso de méritos (até 8 puntos) e unha entrevista persoal (até 2 puntos) que versará sobre a adecuación da persoa candidata ás funcións que se desenvolverán.
No concurso de méritos valorarase, en primeiro lugar, a experiencia profesional en SNL até un máximo de 4 puntos, a razón de 0,15 por cada mes noutros servizos da Administración local, 0,10 noutras administracións e 0,01 por bolsas de formación.
No segundo apartado do concurso de méritos valorarase a asistencia a cursos de formación, até un máximo de 3 puntos a razón de 0,10 por cursos de até 10 horas, 0,40 por cursos de entre 10 e 30 horas, 0,75 por cursos entre 30 e 50 horas, e 1 punto por cursos de máis de 50 horas.
Por último valorarase o coñecemento de informática até 1 punto.
Canto á entrevista curricular, esta valorarase con 2 puntos e está destinada a comprobar a adecuación dos perfís das persoas aspirantes co posto que se convoca.
Podes consultar as bases e o modelo de solicitude
nesta ligazón.