17-06-2017Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias
![Foro CELRM Foro CELRM](imagen.php?file=../upload/not/1292-f-foro_cerlm.jpg)
Neste ano 2017 conmemóranse os 25 anos da aprobación da
Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, período suficientemente extenso como para poder avaliar a súa repercusión e a súa actualidade. Neste contexto, o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Consello de Europa, organiza o
Foro de debate sobre o impacto da Carta no Estado español.
O principal obxectivo deste evento consiste en abrir un
espazo para a reflexión respecto do cumprimento dos compromisos adquiridos nos artigos 7 a 13 da Carta. Para tal fin, o Foro conta con representantes de cada unha das linguas rexionais ou minoritarias cubertas pola Carta, isto é, en orde alfabética: amazige, árabe ceutí, aragonés, aranés, asturiano, caló, catalán (Aragón, Cataluña, Illas Baleares, Murcia e País Valencià), éuscaro (Navarra e País Vasco), fala, galego (Asturias, Galicia, Castela e León), leonés e portugués (Estremadura).
PROGRAMAXOVES, 29 DE XUÑO9:00 h. Inauguración
- Ramón Villares (presidente do Consello da Cultura Galega)
- Sixto Molina (Consello de Europa)
- Valentín García (secretario xeral de Política Lingüística)
- Víctor Freixanes (presidente da Real Academia Galega)
- Fernando Ramallo (coordinador do Foro / Universidade de Vigo)
9:30 h.
Artigo 7. Linguas sen recoñecemento oficial: 1- Asturiano (Asturias): Carlos Pulgar García (voceiro da Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana)
- Leonés (Castela e León): José Ignacio Suárez García (Asociación Cultural Faceira)
- Galego (Castela e León): Héctor Silveiro (académico correspondente da RAG polo Bierzo)
- Galego (Asturias): Carlos Xesús Varela Aenlle (membro da Real Academia Galega polo Eo-Navia)
- Fala (Estremadura): Tamara Flores Pérez (Universidade da Beira Interior)
- Portugués (Estremadura): Eduardo Naharro Macías Machado (Além Guadiana)
11:30 h. Pausa
12:00 h.
Artigo 7. Linguas sen recoñecemento oficial: 2- Amazige: Mohand Tilmatine (Universidad de Cádiz)
- Árabe ceutí: Francisco Moscoso (Universidad Autónoma de Madrid)
- Aragonés (Aragón): Anchel Reyes (Seminario Aragonés de Sociolingüistica / Seminari Aragonès de Sociolingüística)
- Caló: Juan Francisco Gamella (Universidad de Granada)
- Catalán (Aragón): Javier Giralt Latorre (Universidad de Zaragoza)
- Catalán (Murcia): Antoni Mas i Miralles (Universitat d’Alacant)
14:00 h. Pausa
16:00 h.
Artigo 8. Linguas oficiais no ámbito educativo- Aranés: María Vergés Pérez (Ajuntament de Vielha e Mijaran)
- Catalán (Catalunya): F. Xavier Vila i Moreno (Universitat de Barcelona)
- Catalán (País Valencià): Adrià Martí-Badia (Escola Valenciana)
- Catalán (Illas Baleares): Joan Melià Garí (Universitat de les Illes Balears)
- Éuscaro (País Vasco): Belen Uranga (Soziolinguistika Klusterra)
- Éuscaro (Navarra): Garbiñe Petriati Ijurra (Hizkuntz Eskubideen Behatokia)
- Galego (Galicia): Valentina Formoso (profesora de ensino secundario)
18:00 h. Pausa
18:30 h.
Artigo 11. Linguas oficiais nos medios de comunicación- Aranés: Xavier Lamuela (Universitat de Girona)
- Catalán (Catalunya): F. Xavier Vila i Moreno (Universitat de Barcelona)
- Catalán (Illas Baleares): Joan Melià Garí (Universitat de les Illes Balears)
- Catalán (País Valencià): Lluís B. Polanco Roig (Universitat de València)
- Éuscaro (País Vasco): Eduardo J. Ruiz Vieytez (Deustuko Unibertsitatea)
- Éuscaro (Navarra): Alberto Barandiaran (Hekimen - Euskal Hedabideen Elkartea)
- Galego (Galicia): Xurxo Salgado (Universidade de Santiago de Compostela / Galicia Confidencial)
20:30 h. Peche
VENRES, 30 DE XUÑO9:30 h.
Artigo 9. Linguas oficiais no ámbito da xustiza- Catalán (Catalunya): Eva Pons (Universitat de Barcelona)
- Catalán (Illas Baleares): Bernat Joan i Marí (Universitat de les Illes Balears)
- Catalán (País Valencià): Lluís B. Polanco Roig (Universitat de València)
- Éuscaro (País Vasco): Eduardo J. Ruiz Vieytez (Deustuko Unibertsitatea)
- Éuscaro (Navarra): Garbiñe Petriati Ijurra (Hizkuntz Eskubideen Behatokia)
- Galego (Galicia): Elsa Quintas (A Mesa pola Normalización Lingüística)
11:30 h. Pausa
12:00 h.
Artigo 10. Linguas oficiais na Administración e nos servizos públicos- Aranés: María Vergés Pérez (Ajuntament de Vielha e Mijaran)
- Catalán (Catalunya): Eva Pons (Universitat de Barcelona)
- Catalán (Illas Baleares): Bernat Joan i Marí (Universitat de les Illes Baleares)
- Catalán (País Valencià): Lluís B. Polanco Roig (Universitat de València)
- Éuscaro (País Vasco): Eduardo J. Ruiz Vieytez (Deustuko Unibertsitatea)
- Éuscaro (Navarra): Garbiñe Petriati Ijurra (Hizkuntz Eskubideen Behatokia)
- Galego (Galicia): Alba Nogueira López (Universidade de Santiago de Compostela)
14:00 h. Pausa
16:00 h.
A monitorización do cumprimento da Carta Europa para as Linguas Rexionais ou MinoritariasSixto Molina (xefe da Secretaría da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, Consello de Europa)
16:45 h.
Artigos 12-13. Linguas oficiais nas actividades e servizos culturais e na vida económica e social- Aranés: Xavier Lamuela (Universitat de Girona)
- Catalán (Catalunya): F. Xavier Vila i Moreno (Universitat de Barcelona)
- Catalán (Illas Baleares): Bernat Joan i Marí (Universitat de les Illes Balears)
- Catalán (País Valencià): Adrià Martí-Badia (Escola Valenciana)
- Éuscaro (País Vasco): Belen Uranga (Soziolinguistika Klusterra)
- Éuscaro (Navarra): Alberto Barandiaran (Hekimen - Euskal Hedabideen Elkartea)
- Galego (Galicia): Xaquín Loredo (Real Academia Galega)
18:45 h. Pausa
19:15 h.
A Carta desde as institucións culturais- Rosario Álvarez (vicepresidenta do Consello da Cultura Galega)
- Manuel Forcano (director do Institut Ramón LLull)
- Garbiñe Iztueta Goizueta (directora para a Promoción e Difusión do Euskera, Instituto Vasco Etxepare)
20:15 h. Conclusións e peche
A
inscrición é
gratuíta e o número de prazas é limitado (40 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Máis información e inscrición
aquí.