26-01-2010Xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza unhas Xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, que terán lugar na sede da institución en Santiago de Compostela os días 22 e 23 de febreiro. A participación é libre e gratuíta, mais cómpre confirmar asistencia.
O programa do encontro, coordinado por Alba Nogueira, inclúe a presenza de expertos europeos na CELMR que abordarán cuestións de relevo como o réxime de protección do ensino, a intervención lingüística na vida económica e social, os intercambios transfronteirizos ou réximes de protección, obxectivos e principios da CELMR, entre outros.
A asistencia ás xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias é libre e gratuíta. A capacidade do salón de actos onde se realizarán é de cen persoas, polo que todas aquelas interesadas en asistir deberán remitir un correo electrónico ao enderezo loxistica@consellodacultura.org onde conste o seu nome, DNI, teléfono e actividade profesional ou cubrir un formulario
dispoñíbel nesta ligazón. A aceptación da inscrición nas xornadas será confirmada pola organización mediante un correo electrónico.
Programa
22 DE FEBREIROSESIÓN DE MAÑÁ9.30 horas. Mesa inauguración:
A Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias nun contexto sociolingüístico como o de GaliciaSIMONE KLINGE, Secretariado da Carta, Consello de Europa
HENRIQUE MONTEAGUDO ROMERO, Consello da Cultura Galega
10.30 horas:
A consideración de linguas rexionais ou minoritarias e a adopción de compromisos por parte dos EstadosEDUARDO RUIZ VIEYTEZ, Universidade de Deusto
J.M. PÉREZ FERNÁNDEZ, Universidade de Oviedo
12.00 horas. Pausa
12.30 horas
Réximes existentes de protección e obxectivos e principios da CELRMGWYN PARRY, Swansea University
ROBERT DUNBAR, Universidade de Aberdeen
14.00 horas. Final da sesión de mañá
SESIÓN DE TARDE16.30 horas:
O réxime de protección no ensinoALBA NOGUEIRA, Universidade de Santiago de Compostela
17.30 horas. Pausa
18.00 horas.
As autoridades administrativas e servizos públicos. A Administración de xustizaANNA PLA, Universidade de Girona
XAVIER FERREIRA, Universidade de Santiago de Compostela
19.30 horas. Final da sesión de tarde
23 DE FEBREIROSESIÓN DE MAÑÁ9.30 horas.
A CELRM, os medios de comunicación e as actividades e servizos culturaisANGELS ORRIOLS, Universidade Autónoma de Barcelona
ELIZABETH CRAIG, Universidade de Sussex
11.00 horas.
A intervención lingüística na vida económica e socialIÑIGO URRUTIA, Universidade do Pais Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea
12.00 horas. Pausa
12.30 horas:
A CELRM e os intercambios transfronteirizosEVA PONS, Universidade Autónoma de Barcelona
13.30 horas. Final da sesión de mañá
SESIÓN DE TARDE16.30 horas:
Aplicación da Carta e proceso de ratificación, aprobación e reservasIÑAKI LASAGABASTER, Universidade do Pais Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea
SANTIAGO CASTELLÁ, Universidade Rovira i Virgili. Tarragona
17.30 horas. Pausa
18.00 horas:
A Carta das linguas rexionais ou minoritarias, as linguas oficiais nunha parte do territorio dun Estado membro e a Unión EuropeaANTONI MILIAN, Universidade Autonoma de Barcelona
19.00 horas. Final da sesión de tarde