15-12-2011Encontro informativo sobre dereitos laborais para técnicos/as de normalización lingüística
A CTNL organiza un encontro informativo sobre dereitos laborais, dirixido aos técnicos e ás técnicas de normalización lingüística das administracións públicas. Terá lugar o xoves 22 de decembro, ás 18.00 h, en Santiago de Compostela
Ante a situación de peche de varios servizos de normalización lingüística (SNL), vía despedimento, vía non renovación de contrato, e o previsíbel peche doutros nas vindeiras semanas e meses, desde a CTNL organízase de modo urxente este encontro para informar a técnicos e a técnicas dos seus dereitos laborais segundo a duración, tipo, cláusulas, etc., do seus respectivos contratos e para resolver posíbeis dúbidas. Neste encontro contamos coa colaboración da Confederación Intersindical Galega (
CIG), que nos cede o seu local e que nos facilita un avogado experto na materia, Héctor López de Castro.
OBXECTIVOS-Informar a técnicos e a técnicas dos seus dereitos laborais segundo a duración, tipo, cláusulas, etc., do seus respectivos contratos
-Resolver dúbidas sobre os dereitos laborais dos técnicos/as de normalización lingüística, nomeadamente ante posíbeis despedimentos, non renovacións, etc.
DESTINATARIOS/AS-Técnicos e técnicas de normalización lingüística das administracións públicas asociados/as á CTNL
AVOGADO QUE NOS ACOMPAÑARÁ
-
Héctor López de Castro, do gabinete xurídico da CIG
ASISTENCIAA asistencia, de balde, débese
confirmar previamente no enderezo electrónico
info@ctnl.orgDATA, HORA E LUGAR-DÍA:
xoves 22 de decembro-HORA:
18.00 h-
Sede da CIG. Rúa de Manuel Ferro Caaveiro 10.
San Lázaro (Fronte ao Palacio de Congresos). Santiago de Compostela
Podes descargar aquí esta información en .pdf >