CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


7063 votos
Xa votaches!


25-04-2008

A CTNL apoia o manifesto Polo dereito a vivirmos en galego e fai un chamamento a participar na manifestación convocada pola Mesa para o 18 de maio

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) apoia o manifesto Polo dereito a vivirmos en galego, e fai un chamamento á participación activa de todas as persoas e entidades a participar na manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística que terá lugar na mañá do 18 de maio en Santiago de Compostela.

MANIFESTO POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional "Polo dereito a vivirmos en galego" este 18 de maio de 2008, declaramos:

Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como "a lingua propia" do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

MANIFESTACIÓN

LUGAR DE SAÍDA: Alameda de Santiago de Compostela

HORA: 12.00 h

LUGAR DE CHEGADA: Praza da Quintana

APOIA O MANIFESTO

Estase a procurar un amplo apoio de entidades para o manifesto promovido para o 18 de maio. Para iso, todas aquelas entidades que queiran apoialo, poden facelo desde aquí.


Ligazóns relacionadas

Listaxe de apoios Web da Mesa Concurso popular de vídeos Mobilízate pola túa lingua

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego