11-05-2012O Concello de Lugo aproba por unanimidade a súa Ordenanza de uso do galego
Na sesión plenaria que tivo lugar o luns 7 de maio de 2012, a corporación municipal de Lugo aprobou inicialmente, cos votos a favor do PP, PSdeG-PSOE e BNG, unha Ordenanza de uso do galego que ten por obxectivo impulsar o proceso de normalización da lingua galega no municipio
Logo dun proceso de negociación entre as tres organizacións políticas con representación na corporación municipal, a iniciativa do goberno (formado por PSOE e BNG), o Pleno do
Concello de Lugo aprobou por unanimidade unha ordenanza para regular os criterios lingüísticos da institución na procura de impulsar o proceso social de normalización lingüística.
Nesta ordenanza, que lle afecta tanto ao Concello como aos organismos que del dependan e ás empresas concesionarias, declárase que un dos obxectivos é o de consolidar o papel normalizador da entidade municipal.
No texto estabelécense os criterios acordados para o uso do galego na organización municipal, nas relacións coas administradas e administrados, nas relacións institucionais, nos anuncios e publicidade, na atención ao público, na rotulación, etc.
Gabinete de Normalización LingüísticaAdemais, no texto da ordenanza estabelécese que “o Concello de Lugo manterá un Gabinete de Normalización Lingüística co obxectivo de impulsar a normalización lingüística a todos os niveis e coordinar as accións necesarias para lle dar cumprimento ao espírito da ordenanza”.
Ordenanza de uso do galego na Administración municipal de Lugo (.pdf) >