08-06-2012Xornada de análise e avaliación dos Celga. 28 de xuño en Santiago
A CTNL organiza unha Xornada de análise e avaliación dos Celga, co obxectivo de analizar o sistema de formación e de acreditación e de facer unha proposta de mellora. Terá lugar o 28 de xuño na Facultade de Comunicación de Santiago de Compostela e o prazo de inscrición está aberto
Listaxe de persoas participantes na xornada (.pdf) >Convocatoria completa e programa en .pdf >Obxectivos xerais-Analizar e avaliar o sistema de acreditación do coñecemento de galego.
-Analizar e avaliar o sistema de formación en lingua para persoas adultas.
-Facer unha proposta de mellora tanto do sistema de acreditación como do sistema de formación en lingua galega.
Contidos que se tratarán-Análise e avaliación xeral da implantación dos Celga dentro do proceso de normalización lingüística: a capacitación real da cidadanía e do persoal da administración e os requisitos en procesos selectivos, listaxes de contratación, etc.
-Análise e avaliación do sistema de acreditación dos Celga: as validacións e o modelo de acreditación.
-Análise e avaliación dos cursos de formación preparatorios: organización e xestión, metodoloxías e contidos, profesorado, selección de persoal e condicións laborais, etc.
-Proposta xeral de mellora do sistema.
Persoas destinatarias-Profesorado colaborador de cursos Celga.
-Avaliadores/as das probas Celga.
-Técnicos/as de normalización lingüística.
-Responsábeis de entidades relacionadas coa lingua.
-Persoas interesadas en xeral.
Lugar-Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela [
Localización]
Dinámica da xornada-A idea é que esta xornada sirva para analizar e avaliar tanto o sistema de acreditación do coñecemento do galego e a súa implantación, como o sistema de formación en lingua para persoas adultas e, a partir de aí, facer unha proposta de mellora. Para iso, na xornada haberá diversos relatorios e mesas de traballo sobre aspectos concretos do sistema e espazos para o debate. Partirase dun documento base de análise e proposta que será discutido, completado, etc. Este borrador-proposta de documento seralles remitido ás persoas anotadas uns días antes da xornada.
Inscrición-A inscrición é
de balde, e debe facerse a través do
formulario que está ao final desta información.
-O número de prazas está limitado a 200, que se adxudicarán por orde de inscrición, dándolles preferencia, en todo caso, ás/aos socias/os da CTNL.
-O prazo de inscrición
remata o 23 de xuño, e a listaxe de persoas admitidas publicarase no web da CTNL o día 25 de xuño.
PROGRAMAConvocatoria completa e programa en .pdf >10.00 h Benvida
10.15 h
O sistema Celga-Xaquín Núñez (Colaborador da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os Celga e profesor da Universidade do Minho)
11.00 h
Presentación do documento de partida da proposta da CTNL para mellorar o sistema Celga-David Cobas (Representante da CTNL)
-Nel Vidal (Representante da CTNL)
12.00 h Pausa
12.30 h
Análise e avaliación do sistema de acreditación dos Celga: adaptación do antigo sistema ao novo, o axuste dos distintos niveis ao MCERL-Manuel N. Singala (Técnico de normalización lingüística da USC)
13.00 h
Análise e avaliación dos cursos de formación preparatorios: planificación, organización e xestión-Rosa Moreiras (Técnica de normalización lingüística do Concello de Ames)
-Roberto Rielo (Técnico de normalización lingüística do Concello de Teo)
13.30 h Debate
14.00 h Xantar
16.30 h
Análise e avaliación dos cursos de formación preparatorios: enfoque, metodoloxía, materiais e contidos-Regina Díaz (Profesora colaboradora Celga)
-María López (Profesora colaboradora Celga)
-Anxo Otero (Profesor colaborador Celga)
17.00 h Debate
17.30 h
Análise e avaliación da calidade docente nos cursos de formación preparatorios: situación profesional do profesorado e listaxes de contratación-Carmen Pereiro (Profesora colaboradora da SXPL)
-Gabriel Gómez (Profesor colaborador da SXPL)
-César Caramés (Profesor colaborador da SXPL)
18.00 h Debate
18.30 h Pausa
19.00 h
Análise das probas de avaliación dos Celga: criterios de avaliación e tipoloxía das probas-Esperanza Moreiras (Profesora de galego na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela)
-Ana García (Avaliadora Celga)
-Irene Bravo (Avaliadora Celga)
19.30 h Debate
20.00 h
Conclusións xerais e pecha da xornada Convocatoria completa e programa en .pdf >Listaxe de persoas participantes na xornada (.pdf) >