20-06-2012O Dicionario Xurídico Galego, Luís Villares e Gonzalo Amoedo, premios Lois Peña Novo 2012
O maxistrado Luís Villares Naveira, o policía Gonzalo Amoedo e o Dicionario Xurídico Galego son recoñecidos co premio Lois Peña Novo pola súa contribución ao proceso de normalización da lingua galega
Os
Premios Lois Peña Novo creáronse para recoñecer as actividades dos/as traballadores/as públicos/as que sobranceen polo seu labor a prol da consolidación da lingua galega nos usos xurídicos e administrativos fomentando a galeguización da función pública. Este ano o xurado concedéullelos a dous funcionarios relevantes e a unha obra xurídica.
A
Luís Villares Naveira, maxistrado do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo. Autor de numerosísimas publicacións de carácter xurídico de impecable rigor científico; algunhas delas referidas á oficialidade lingüística. Pero amais deste labor, o xurado recoñécelle a este maxistrado a constancia na galeguización da actividade xudicial en todos os órganos xurisdicionais dos que foi e é titular actualmente.
Ao policía local do Concello de Redondela e historiador,
Gonzalo Amoedo López. Salienta o xurado o seu amplo traballo de investigación rigorosa e a implicación na recuperación histórica e todos os seus acontecemento.
Ao
Dicionario Xurídico Galego, coordinado por Manuel González González e os maxistrados Luciano Varela Castro e Xoán Xosé Barreiro Prado. No dicionario concítanse o rigor empregado na súa elaboración, e a aposta pola normalización lingüística nos ámbitos xurídicos e xudiciais.
O acto público de entrega dos premios terá lugar o 27 de xuño, ás 20.00 h, no Castelo de Soutomaior.