15-02-20132 de marzo, xantar de confraternidade lingüística
Disque sempre estamos coa lingua de fóra..., pois haberá que coller forzas! (mais seguiremos igual con ela de fóra, para que se vexa ben, eh!). Por iso, convócase un xantar de confraternidade lingüística de traballadoras e traballadores, dun ou doutro xeito, da normalización da lingua e achegad@s
Será o sábado 2 de marzo en Santiago de Compostela, e débese confirmar asistencia ata o 22 de febreiro.
- Lugar: Restaurante A Nave de Vidán. Santiago de Compostela
- Hora: 14.30 h
- Menú: cocido (con sopa de cocido, cacheira, lacón, costela, polo, vitela, garavanzos, patacas, verdura e chourizo. Filloas e orellas de sobremesa, viño mencía, cafés e licores). Quen non coma cocido ten unha opción vexetariana (cogomelos con crema de cenoura e arroz con pisto) e outra alternativa (revolto e xarrete ou pescada), que debe indicar no momento da inscrición
- Prezo: 25 euros
- CONFIRMACIÓN: debes confirmar a túa asistencia ao xantar ata o 22 de febreiro, no enderezo-e info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950
Ah! E, ademais, alí estará o photocall de
GÚSTAME O GALEGO, para que todas as persoas que queiran poidan participar tirando unha foto e, ademais, levar unha chapa de agasallo...
Que, anímaste?
Ligazón ao evento en Facebook >[Ese mesmo día ten lugar a Asemblea Xeral da CTNL, no mesmo lugar, ás 11.30 h en primeira e ás 12.00 h en segunda convocatoria]