CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


19033 votos
Xa votaches!


06-06-2013

Para botar a lingua de fóra..., subimos ao Pindo!

Para botar a lingua de fóra..., subimos ao Pindo!
Temos que seguir visibilizando a lingua! E, se cadra, tamén literalmente :-P. A xente que, dun ou doutro xeito, traballamos polo galego estamos acostumada aos esforzos, e de moitos tipos, e, como seguro que imos ter que seguir facéndoos, desde a CTNL propomos unha xornada de convivencia, saúde, natureza, paisaxe e, por que non, tamén cun chisco de esforzo conxunto. Así que, o sábado 22 de xuño, imos botar a lingua de fóra...: subimos ao olimpo Celta, ao Monte Pindo!


E isto, por que!?
Pois porque tamén podemos facer unha actividade deste tipo xuntas/os, non? Porque tamén nos podemos ver sen ser nun curso, nunha xuntanza, nunha asemblea, nuns encontros, nunha manifestación... Porque así tamén ensinamos a lingua. Porque no camiño están as ideas. Porque é importante facermos grupo. Porque o Pindo o merece. Porque se fai camiño ao andar. Porque si. Porque nos peta e queremos e danos a gana.

Pois eu vou! Como e cando me anoto?
Perfecto! Envía un correo-e co teu nome e teléfono ao enderezo info@ctnl.org ata o 18 de xuño e así xa contamos contigo, ou con vós. É importante que te anotes, por aquilo de termos a previsión de participación. E temos que ser moit@s ;-)

Cal é o plan e o horario previsto?
Quedamos ás 10.30 h do sábado 22 de xuño diante da capela, na parroquia do Pindo (Carnota) [en Google Maps], alí ao pé da praia. Cómpre sermos moi puntuais, polo que, ven con tempo! (Por exemplo, para chegar desde Santiago pódeche facer falta preto dunha hora e media, desde A Coruña algo máis e desde Pontevedra preto de dúas horas). Arrancamos puntuais e, despois de camiñarmos uns 4,5 km, contamos con chegarmos arriba, á Moa, sobre as 13.30 h. Observamos, falamos, aprendemos, sacamos unha foto ensinando a lingua, xantamos (cada quen debe levar a súa comida), descansamos..., e comezamos a baixar sobre as 16.00 h. Aí sobre as 18.00 h, máis ou menos, chegaremos abaixo, e se o tempo acompaña, se queremos, aínda nos poderemos dar un baño na praia ou coñecer algo máis por alí.

A ver se non me esquezo de nada... Que cómpre levar?
Pois tendo en conta que é unha subida ao monte dunhas dúas horas e media, e que imos xantar arriba cada quen coa comida que leve, pensa en que cousas podes necesitar, como por exemplo: roupa cómoda, calzado axeitado para camiñar polo monte, mochila, chuvasqueiro (non vaia ser o demo), gorra, protección solar (tamén, non vaia ser o demo), cámara de fotos, xantar (que non pese moito para levar na mochila), auga (mellor en cantimplora, que vai fresquiña e é reutilizábel), roupa de baño (por se queres despois aproveitar a praia), espírito de convivencia, paciencia, ánimo, gañas de pasalo ben conxuntamente, conversa, etc.

Que, a que non vas faltar?

-Organiza: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que convoca esta subida para botar a lingua de fóra

-Colabora: Asociación Monte Pindo Parque Natural, que nos acompañará, e a quen aproveitamos para amosar o apoio para que o Pindo sexa declarado parque natural!

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego