18-06-2013Convocadas nove bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro
A Xunta convoca nove bolsas de formación en diversos proxectos do Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades. O prazo de solicitude está aberto ata o 18 de xullo
DURACIÓN DAS BOLSAS-As actividades de formación iniciaranse o 1 de outubro de 2013 e rematarán o 30 de setembro de 2015.
PRAZO DE SOLICITUDE-Un mes, contado desde o día seguinte á publicación da convocatoria (remata o 18 de xullo).
CRITERIOS DE VALORACIÓN-Expediente académico: ata 10 puntos
-Formación: ata 10 puntos
-Comunicacións en congresos relacionados: ata 2,5 puntos
-Publicacións relacionadas: ata 2,5 puntos
-Entrevista persoal: ata 5 puntos
PROXECTOS PARA OS QUE SE CONVOCA BOLSA-Catalogación dos fondos bibliográficos do Centro Ramón Piñeiro (1 bolsa)
-Dicionarios de literatura (1 bolsa)
-Codolga: Corpus documentale Latinum Gallaeciae (1 bolsa)
-Bilega: Bibliografía informatizada da lingua galega (1 bolsa)
-Terminoloxía científico-técnica (1 bolsa)
-Informes de literatura (1 bolsa)
-Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos (1 bolsa)
-Lírica profana galego-portuguesa (1 bolsa)
-Dimensións da identidade colectiva de Galicia (1 bolsa)
CONTÍA DAS BOLSAS-A contía das bolsas será de 990 euros brutos mensuais
Convocatoria completa no DOG do 18/6/2013 (.pdf) >