CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


14043 votos
Xa votaches!


18-06-2013

A partir de comezos de 2014 poderemos usar o .gal

A ICANN, organismo que goberna a rede, aprobou o dominio para a lingua e cultura galegas, o .gal, que está previsto que se poida comezar a utilizar xa a comezos de 2014 en sitios web que usen o galego


Máis de 12.000 apoios cidadáns. Máis de 110 entidades adheridas. Máis de sete anos de traballo. O alento sostido das principais entidades e institucións galegas. O apoio decidido da administración autonómica ao longo do tempo. Todo isto foi necesario para que a ICANN, organismo que goberna a rede, aprobase o dominio para a lingua e cultura galegas. O 14 de xuño de 2013 é xa unha data na historia da internet en Galicia. “É unha conquista de toda a sociedade e un exemplo de que todos xuntos podemos”, sinalou o presidente da asociación puntoGAL, Manuel González.

Foi un proceso longo non exento de complicacións. Un proceso que culmina co anuncio da aprobación do dominio por parte de ICANN e que abre a porta para que, en tan só uns meses, o .gal poida ser rexistrado e utilizado para darlle a Galicia visibilidade na rede, para amosar os espazos da lingua en internet, para facer negocios baixo o paraugas dun dominio propio.

Utilidade do .gal
“As letras .gal vanlle estar recordando ao mundo cada día que existe unha comunidade que se chama Galicia e unha cultura e unha lingua que se chama galego”, dixo González nunha roda de prensa no Instituto Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, espazo que habitualmente ocupan as mozas e os mozos que serán o futuro do país. Un lugar tan simbólico como o é este dominio “que lle vai dar visibilidade universal á nosa personalidade particular”.

Da Real Academia Galega ao Consello da Cultura pasando polas tres universidades, centros de investigación, asociacións de empresas de novas tecnoloxías, colexios profesionais, medios de comunicación e por ducias de colectivos de base, a candidatura do dominio sentiuse sempre apoiada pola sociedade. Dentro e fóra. Máis de vinte asociacións de galegos/as no exterior de países como Estados Unidos, Brasil, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina ou Uruguai están tamén detrás do dominio. De feito, un dos obxectivos de .gal é servir de identificador e vínculo entre a diáspora galega.

Reinvestir os beneficios en promover a lingua e a cultura galegas
Queda xa atrás aquel dez de xuño de 2006 cando as entidades fundadoras da asociación puxeron en marcha a candidatura. Naquel pequeno acto sentáronse as bases que mantiveron vivo o proxecto durante este sete anos. Entre elas, o propósito firme de que a entidade que xestionará o dominio se autofinancie e reinvista os beneficios obtidos en promover a lingua e a cultura galegas.

A este respecto, González lembra que “cando hoxe alguén rexistra un dominio xenérico (.com, .net, .org, etc.) a maior parte dos beneficios da operación marchan fóra de Galicia; polo contrario, cando rexistren un .gal a situación será a inversa: a maior parte da repercusión económica directa quedará en Galicia”. Esta intención está recollida na candidatura remitida pola Asociación puntoGAL, unha entidade sen ánimo de lucro, á ICANN.

Fala con puntoGAL
Tras a decisión de ICANN ábrese agora un procedemento administrativo que rematará coa sinatura do contrato de delegación do dominio a finais deste ano ou principios do seguinte. Semanas despois poderán comezar a rexistrarse os .gal de acordo cunhas normas públicas e transparentes. Será o momento para todos aqueles sitios na rede que empregan o galego ou que fomentan a comunidade e a cultura do país. O paraugas ábrese para eles.

A reserva de dominios .gal farase en varias fases, de acordo ás normas fixadas por ICANN e pola Asociación puntoGAL. Entre outras cousas, recollerase a protección das marcas rexistradas ou a prioridade de rexistro para as entidades, públicas ou privadas, que traballan no ámbito do galego. PuntoGAL informará puntualmente sobre os prazos e as normas a través do seu portal puntogal.org e as redes sociais. Calquera entidade ou cidadán ou cidadá pode tamén poñerse directamente en contacto coa Asociación a través destas ferramentas. Dúbidas, preguntas, suxestións, queixas, ideas. Calquera achega será ben recibida.

FONTE: Asociación Puntogal

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego