CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


14840 votos
Xa votaches!


29-05-2014

A CTNL denuncia a utilización de bolsas de formación para cubrir postos de traballo nos Lectorados de galego

Centros de Estudos Galegos
Ante a recente convocatoria de Lectorados de galego feita pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) denuncia «a utilización perversa de bolsas de formación para evitar contratar as/os traballadoras/es» e solicita que «se regule a situación de todos os Lectorados a través de contratos xustos e en igualdade de condicións»


No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 22 de maio de 2014 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou dúas convocatorias para cubrir prazas nos Lectorados de lingua, literatura e cultura galegas de universidades de distintas partes do mundo. En total, este ano convocan dez prazas, das que catro se cubrirán mediante contrato para as universidades de Estremadura, Deusto, Cork e Miño, e seis mediante bolsas de formación para as de Barcelona, Complutense de Madrid, Granada, Algarve, Padua e Roma, cando as funcións dos/as lectores/as son exactamente as mesmas en todos os casos, polo que se está a perverter a finalidade das bolsas de formación, utilizándoas para cubrir o que en realidade son postos de traballo que deberían ser cubertos con contratos.

Ademais, hai uns anos acordouse e comezáronse a dar pasos para ir convertendo paulatinamente en contratos os postos nos Lectorados que se estaban a cubrir mediante bolsas, pero agora a Secretaría Xeral de Política Lingüística paraliza e reverte este proceso, executando un novo retroceso para o galego, e afonda na desigualdade de condicións laborais, fixando diferenzas entre uns Lectorados e outros cando os requisitos e as funcións dos/as lectores/as son exactamente as mesmas. Ademais, por exemplo, se unha persoa que está nun “lectorado con bolsa” quere concorrer a un proceso de oposicións para a función pública docente, esta non ten ningún tipo de puntuación en experiencia laboral, en cambio unha persoa que estea en “lectorado de contrato” si que ten experiencia de docencia en universidade, cando en realidade esas dúas persoas están a desenvolver exactamente o mesmo traballo, o que é unha clara desigualdade e inxustiza.

Outro asunto que chama a atención na convocatoria dos contratos é o límite de idade imposto para concorrer a estas prazas –e que é de 35 anos–, sobre todo tendo en conta a situación do mercado laboral e mesmo a maneira que ten cadaquén de organizar os seus estudos.

Por todo o exposto, a CTNL solicítalle á SXPL que corrixa de inmediato esta irregular utilización das bolsas de formación nos Lectorados e que todos os lectores e lectoras de galego sexan contratados/as legalmente e en igualdade de condicións.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego