CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


13898 votos
Xa votaches!


10-09-2014

Convocada unha nova edición do Curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística

Convocada unha nova edición do Curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística
Convocamos a 2.ª edición deste curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística, que terá lugar todos os venres de outubro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto do 11 ao 22 de setembro


Contribuír ao proceso de normalización do galego non é só unha cuestión de vontade nin de "organizar cousas". Para facelo con eficacia, debemos aprender como: buscar a participación e a complicidade, axeitar os discursos, adecuarnos ás diversas actitudes lingüísticas, coñecer metodoloxías e técnicas, contar con estratexias, etc.

Con este curso preténdese que as persoas participantes adquiran unha perspectiva global da dinamización lingüística e aprendan unha metodoloxía de traballo de xeito práctico.

As sesións terán lugar os venres 3-10-17-24-31 de outubro de 2014 na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

Da impartición do curso encargaranse:
-Contidos xerais, dinamización, planificación, execución, avaliación, etc.:
Isabel Vaquero. Técnica de normalización lingüística, responsábel da Área de Dinamización do SNL da Universidade de Santiago de Compostela.
-Mercadotecnia e comunicación:
Miguel R. Penas. Xornalista, especialista en comunicación e presidente da Agal.
-Participación e implicación:
Xaime Subiela. Investigador social e consultor público experto en participación social.

O prazo de inscrición está aberto do 11 ao 22 de setembro, e debe facerse a través do formulario habilitado para o efecto no web da CTNL, aquí.

Dado que o número de prazas está limitado a 20, terán preferencia, en primeiro lugar, os/as socios/as da CTNL por orde de inscrición. Despois deles/as, respectarase a orde de inscrición entre o resto das persoas inscritas.

Accede aquí á información completa sobre o curso: obxectivos, contidos, inscrición, cotas, calendario, etc. >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego