CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


12211 votos
Xa votaches!


09-02-2015

Este 14 de febreiro, fain@ gozar coa lingua

Este 14 de febreiro, fain@ gozar coa lingua
Hai mil maneiras de expresarlle amor ou paixón a alguén, a unha parella, estable ou pasaxeira, presente ou arelada. Pode ser día a día ou de xeito puntual... E sempre está ben facelo cunha sorpresiña, non? Pois o 14 de febreiro pode ser, por que non, unha data estupenda para facelo, para facer gozar coa lingua.


Aínda que orixinariamente occidental, o Día d@s Namorad@s, San Valentín, foi estendido a boa parte do mundo. Dise que este día as persoas namoradas levan algunha prenda encarnada e, ademais, fanlle un agasallo a aquela persoa que queren. E nós propomos que, de facerse, se faga en galego, claro! E é que agasallar en galego é unha boa maneira de facer gozar coa lingua, non? :-P

Deste xeito, a CTNL pon en marcha a campaña Fain@ gozar coa lingua, vinculada á plataforma Agasallo.eu, co obxectivo de que se vincule o galego co amor e que se teña en conta o idioma á hora de escoller regalos para a parella.

Por iso, entre o 9 e o 14 de febreiro haberá publicidade en medios dixitais e mais nas redes sociais co provocativo lema Fain@ gozar coa lingua, a través do que se vincula o amor co galego, e o galego co amor. Ah, claro, e convidámoste a que ti tamén compartas a campaña, a imaxe, o evento, etc., e o web de Agasallo.eu, a través das redes sociais!

FASME GOZAR COA LINGUA?
Ademais tamén se creou en Facebook o evento Fasme gozar coa lingua?, coa finalidade de que, quen queira, se una a el e convide a quen lle gustaría que este 14 de febreiro o/a faga gozar coa lingua..., cunha sorpresiña de www.agasallo.eu, claro ;-)
Así que, anímate!

XEITOSAS PROPOSTAS PARA AS PARELLAS EN AGASALLO.EU
Algo doce, como chocolate ou semellante? Pode ser unha frecha de chocolate con poema, como a que propón Fina Rei, ou calquera outra delicatessen como as de Catrineta ou Carabuñas. Ou un vermú! Boa idea, sempre é, claro, un libro, un disco ou audiovisual, e aquí ofrecémosche unha boa selección. E camisolas! Témolas, por exemplo, con identidade propia, como as de OZOCOgz, Rei Zentolo ou Ovisio, ou éticas e ecolóxicas, como as de Cestola con Cachola, entre outras. E unha bolsa ou mochiliña? Ou un vinilo para decorar a casa! Xa está, unha pintura orixinal! Ou unha subscrición a un medio en galego. Ou calquera outra cousa por aí!

Veña, bótalle un ollo a Agasallo.eu!

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego