CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


15287 votos
Xa votaches!


09-03-2015

Liñas de acción da CTNL para 2015

Visibilización e defensa do traballo en normalización lingüística, varios cursos, unha xornada de transmisión de ideas para a lingua ou a continuidade de proxectos como Gústame o galego, Como cho digo ;-) ou Agasallo.eu, entre as liñas de acción da CTNL para este 2015


O sábado 28 de febreiro a Asemblea xeral da CTNL aprobou por unanimidade as liñas de acción da entidade para o período interasemblear 2015-2016 (.pdf), que contemplan a defensa dos intereses xerais do traballo en lingua, accións formativas e propostas varias para facer máis efectivo o traballo a prol da lingua.

No que se refire ao traballo en defensa dos intereses xerais do traballo en normalización, a CTNL acordou a procura de estabilización dos servizos de normalización lingüística das administracións, o apoio á estabilización dos postos de traballo para unha formación en lingua galega de calidade, a visibilización do traballo a prol da lingua e a realización dunha guía de apoio e resolución de dúbidas sobre cuestións laborais.

No que atinxe á formación, en 2015 a CTNL desenvolverá varios cursos, e o primeiro deles será un obradoiro de xestión de redes sociais para a normalización lingüística. Ademais, tamén seguirá a colaborar coa definición do programa do Curso de verán de dinamización lingüística da UdC, que este ano se centrará na análise e proposta sobre os cambios e afianzamentos lingüísticos na mocidade.

Con respecto ás propostas para facer máis efectivo o traballo a prol da lingua e ao desenvolvemento de accións de fomento do galego, está previsto facerlles unha proposta a todas as organizacións políticas para que inclúan nos seus programas electorais de cara ás eleccións municipais de maio, a convocatoria dun premio a accións de fomento do galego, a convocatoria do Viveiro de propostas normalizadoras, a organización dunha xornada de transmisión de ideas para o futuro da lingua, a realización e difusión dunha proposta para unha maior visibilización da lingua nas Letras Galegas ou a continuidade de accións como Gústame o galego (que rematará este ano), Como cho digo ;-) ou Agasallo.eu.

Para o desenvolvemento destas accións, a CTNL aprobou un orzamento de 13.400 euros.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego