CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


11186 votos
Xa votaches!


10-06-2015

A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual. Congreso internacional de terminoloxía en Compostela

A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual. Congreso internacional de terminoloxía en Compostela
O II Congreso Internacional da Rede de
Lexicografía (RELEX) terá lugar os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro de 2015 en
Santiago de Compostela, e está dedicado este ano á terminoloxía, campo de estudo fundamental para todas as linguas que queiran responder desde a súa identidade ás necesidades denominativas especializadas da sociedade actual


Os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro de 2015 terá lugar en Santiago de Compostela o Segundo Congreso Internacional da Rede de Lexicografía (RELEX), dedicado este ano á terminoloxía, un campo de estudo fundamental para todas as linguas que queiran responder desde a súa identidade ás necesidades denominativas especializadas da sociedade actual, pero que adquire unha importancia especial para as linguas que están inmersas nun proceso de normalización.

O Congreso centrarase de maneira preferente en dous temas de traballo: a) «a terminoloxía e a empresa», e b) «o traballo colaborativo na elaboración da terminoloxía», aínda que se lle dará cabida tamén a calquera tema do ámbito da terminoloxía, polo que será posible a presentación de comunicacións libres sobre outros aspectos teóricos ou aplicados deste campo.

Estrutura do Congreso
Os dous primeiros días do Congreso estarán dedicados a conferencias plenarias e mesas redondas de especialistas invitados, e á presentación de comunicacións libres. As conferencias plenarias terán unha duración máxima dunha hora, e as comunicacións libres non deben sobrepasar os vinte minutos de exposición, seguidos dun breve tempo de coloquio.
O terceiro día, en sesión de mañá, estará dedicado a un taller de iniciación á utilización dos recursos terminolóxicos.

Conferencias plenarias
Están programadas catro conferencias plenarias, que serán impartidas por especialistas de recoñecido prestixio internacional. [Programa]

Mesas redondas
Os días 5 e 6 de outubro haberá dúas mesas redondas sobre os dous temas principais do Congreso:
a) Terminoloxía e empresa
b) O traballo colaborativo na terminoloxía

Comunicacións libres
Poderanse presentar propostas de comunicación ata o 17 de xullo de 2015. Deberase enviar un resumo de arredor de 250 palabras, que se remitirá en documento adxunto ao seguinte enderezo electrónico: relatorios.relex@gmail.com con indicacións específicas de autoría. As propostas de comunicación serán sometidas a avaliación dos membros do comité científico para a súa aceptación. A resposta sobre a aceptación ou rexeitamento da comunicación enviarase antes do 30 de xullo de 2015.

Linguas vehiculares do Congreso

As linguas de traballo do Congreso serán todas as románicas e o inglés. Non haberá servizo de interpretación.

Información completa e inscrición, aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego