CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


12783 votos
Xa votaches!


15-06-2015

Mocidade e lingua... Non todo é fume! Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua 2015

Mocidade e lingua... Non todo é fume! Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua 2015
O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua centrará neste 2015 o seu programa nas mudanzas e afianzamentos lingüísticos na mocidade. Ten lugar os días 8, 9 e 10 de xullo no Fórum Carballo e o prazo de inscrición, con prazas limitadas, xa está aberto


O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua, que organiza a Universidade da Coruña en colaboración coa CTNL, a SXPL e o Concello de Carballo, chega neste 2015 á súa undécima edición. Un encontro anual estabilizado en que nos dez anos anteriores se fixeron análises, debates, reflexións e propostas prácticas de cara á mellora do proceso de normalización da lingua galega, traballando o discurso, os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos, etc.

E nesta XI edición, que terá lugar no Fórum Carballo os días 8, 9 e 10 de xullo de 2015, decidimos centrar o traballo en algo moi importante para o presente e futuro da lingua: a mocidade. Así, o programa centrarase en analizar mudanzas e afianzamentos lingüísticos na mocidade, cos obxectivos de coñecer e analizar factores, motivos, razóns ou condicionantes que provocan eses cambios e afianzamentos de lingua na adolescencia e mocidade, avaliar experiencias desenvolvidas nese ámbito e propor medidas e accións de intervención.

En definitiva, un curso que procura conseguir mellorar o uso e prestixio da lingua nos/as adolescentes e na xente moza, un ámbito no que, non, #nontodoéfume!

RELATORIOS, DEBATES E PROPOSTAS
Ao longo dos tres días intervirán persoas destacadas para facer análises e propostas relativas aos usos lingüísticos na xente moza, como son a sociolingüista Valentina Formoso, o psicólogo valenciano Ferran Suay, a xornalista Sara Torreiro, a profesora Goretti Sanmartín, o profesor Xosé Manuel Sánchez Rei, o dinamizador Séchu Sende, a profesora Pilar Ponte, o activista Carlos García Vieito, a técnica de normalización lingüística Marta Souto, a xornalista Belén Regueira, o poetarra Dani Vilaverde, a xornalista Raquel C. Pico, a poeta María Lado, o creador Leo i Arremecághona ou a comunicadora María Yáñez.

Ademais, tamén haberá un debate-entrevista con adolescentes, que será moderado pola xornalista Lorena Pose.

INSCRICIÓN ABERTA, CON PRAZAS LIMITADAS E DESCONTOS PARA SOCI@S DA CTNL
O prazo de matrícula neste curso está aberto até o 2 de xullo de 2015, e o número de prazas está limitado a 65 persoas, que se cubrirán por orde de inscrición.
O prezo xeral do curso é de 50 €, mais o estudantado de calquera universidade, a comunidade universitaria da UdC, as persoas desempregadas e os/as socios/as da CTNL teñen unha tarifa reducida de 30 €.
Este prezo inclúe, ademais de todas as actividades e material do curso, tamén os xantares do mércores 8 e xoves 9 e os almorzos compartidos dos tres días.

O programa e a información completa do curso pode consultarse no web www.traballandoenlingua.gal



Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego