30-03-2016Que ben traballamos en grupo! Grazas ás túas achegas os proxectos melloran. Anímaste a participar?
Tes unha chea de propostas e ideas para mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...
Xa sabes que os proxectos melloran cando se planifican e desenvolven colaborativamente, coa participación, opinión e implicación de persoas varias.
E aquí proxectos non faltan...
Entón,
podemos contar contigo?Para iso, para mellorarmos ou desenvolvermos algúns dos proxectos previstos para os vindeiros meses, imos crear unha serie de
grupos de traballo e convidámoste a participar neles:
- LGx15: neste ano retomaremos esta actividade e gustaríanos que participases planificando, propondo contidos e nomes, ideas de organización e desenvolvemento, etc.
- Como cho digo ;-): podes colaborar neste proxecto propondo ideas, melloras, etc., e axudando a planificar unha maior difusión e implicación de persoas, entidades e medios.
- XII Curso de verán de dinamización lingüística. Sector socioeconómico: podes achegar opinións sobre dinámicas, contidos e nomes para o programa.
- Encontro técnico de SNL e ENDL: colabora na planificación e no desenvolvemento dunha xornada de intercambio de ideas e propostas de colaboración conxunta.
Cada un destes grupos será coordinado por unha persoa, e nel poden participar todas as que se anoten. Cada grupo poderá ter un funcionamento distinto, a súa propia dinámica, mais, en xeral, aínda que haxa algunha xuntanza física, a idea é que boa parte do traballo se faga a través do correo electrónico, intercambiando ideas, propostas, tarefas, etc. E o tempo que lle dediques será o que ti queiras ou poidas dedicarlle...
Anímaste a participar?Pois daquela
envía unha mensaxe a info@ctnl.gal ata o 15 de abril indicando en que grupo(s) queres participar, o teu nome, enderezo electrónico e teléfono.
Veña, entre todas e todos faremos que estes proxectos saian ben! ;-)