06-05-2016Volve ao Twitter o concurso para Que se vexa! O galego
Para contribuír a visibilizar e, ao mesmo tempo, reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos, convocamos este concurso a través de Twitter. Mira aquí as bases...
CONCURSO EN TWITTER PARA QUE SE VEXA! O GALEGO1. Fai unha
foto alí
onde vexas o galego: nun sitio que che guste, no que necesita ter maior visibilidade ou onde, desgraciadamente, non é do máis habitual velo.
[P. ex., no aviso dun ascensor, nunha pintada de declaración de amor na rúa, nun rótulo dun concesionario de coches ou nun anuncio de pizza]
2. Publícaa na túa conta de Twitter coa etiqueta
#quesevexaogalego enmarcada cunha
frase positiva relativa ao ámbito ao que pertence a foto. Debes facelo a partir
do día 9 de maio ás 11.00 h e
até o 30 de maio ás 17.00 h.
[P. ex., “Como che me presta #quesevexaogalego no ascensor do meu edificio!” ou “Gústame #quesevexaogalego tamén para xantar pizza”]
E haberá dous premios!-Un para a autora ou o autor do chío que cumpra os criterios do concurso e que
máis rechíos teña o día 30 de maio ás 17.00 h. Anunciarase o/a gañador/a o mesmo día.
-Outro para o autor ou a autora do chío que un
xurado formado por membros da directiva da CTNL considere máis orixinal, positivo, etc. Anunciarase o/a gañador/a ao longo do día 31 de maio.
Cada un dos dous PREMIOS consistirá en:-Dous discos:
Postal, de
Chicharrón e
Para unha vez que saímos, de
Familia Caamagno.
-Dous libros:
¿A que altura está o ceo?, de
Jorge Mira e
Tattoos da Galiza, do
Clube da Lingua do IES Marco do Camballón.
-Un libro-disco:
A voz do vento, poemas de Manuel María, música de Fran Amil e A Tribo Incomprensíbel, e ilustracións de Jano.
Veña, anímate a facer
Que se vexa! O galego ;-)