CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


10245 votos
Xa votaches!


21-06-2016

Encontro Hitzargiak: 23 e 24 de xuño en Hernani

Hitzargiak
Tras a compilación de boas prácticas no traballo de recuperación e promoción das linguas, chega a cita do encontro directo, da conversa, do intercambio persoal. Será en Hernani o 23 e o 24 de xuño. Neste encontro presentaranse as propostas galegas do Portal das Palabras, A memoria da lingua, Semente, Modelo Burela e o proxecto Apego.


Hai case tres meses anunciabamos o proxecto Hitzargiak. Linguas que se iluminan mutuamente, unha iniciativa enmarcada na Capitalidade Europea da Cultura de Donostia 2016 co obxectivo compilar accións europeas de revitalización lingüística para favorecer o intercambio de información entre as comunidades lingüísticas.

O seu comité científico seleccionou doce prácticas galegas —coa incorporación recente do Portal das Palabras— escollidas por seren adecuadas, interesantes, eficaces, exemplares ou inspiradoras para revitalizar a nosa lingua. O proxecto inclúe neste momento 110 prácticas de 25 linguas europeas.

O programa do encontro que terá lugar esta semana divídese en mesas redondas e entrevistas de ámbitos e temáticas diversas: aprendizaxe a diferentes idades, novas tecnoloxías, medios de comunicación, economía… As propostas galegas estarán en cinco mesas redondas:

  • Patrimonio oral: o valor das linguas na fala, onde se presentará o documental A memoria da lingua.

  • Escolas infantís: crecemento e educación centrados na lingua, que contará coa intervención de Séchu Sende para falar das escolas Semente.

  • Transmisión: no mundo como na casa, que inclúe o proxecto Apego, que será presentado por Nel Vidal.

  • O papel das academias no caso das linguas minoritarias, onde intervirá Henrique Monteagudo para falar do Portal das Palabras.

  • Achegamento á lingua local de falantes de diferente orixe. Esta mesa contará con Bernardo Penabade, que presentará o Modelo Burela.


Así e todo, o proxecto Hitzargiak non finalizará co encontro. A plataforma virtual seguirá en funcionamento recompilando e canalizando relacións e colaboracións para que no futuro se continúe a tecer esta rede de intercambio.

Máis información aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego