24-08-2016Formación dunha bolsa de traballo para TNL no Concello de Cedeira
O Concello de Cedeira publicou no
BOP da Coruña de hoxe as bases específicas para a
formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como
técnico/a de normalización lingüística.
Prazo de presentación de solicitudes:
20 días naturais.
O
Concello de Cedeira abre un
proceso selectivo para crear unha lista de contratación temporal ou interina da categoría de técnico/a de normalización lingüística.
REQUISITOS DE TITULACIÓN:Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), Grao en Lingua Galega, ou outras titulacións de grao/licenciatura sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).
SISTEMA DE PROVISIÓN:Concurso-oposición
DESENVOLVEMENTO DO PROCESO SELECTIVO:-
Fase de concurso: valórase experiencia laboral e formación (até un máximo de 7 puntos)
-
Fase de oposición con tres probas (até un máximo de 30 puntos):
1. Exame tipo test sobre un temario específico de 30 temas
2. Suposto práctico: tradución do castelán ao galego
3. Entrevista sobre o currículo e as funcións do posto
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:20 días naturais desde o seguinte á publicación do anuncio no BOP
Bases completas, en .pdf,
aquí.
Modelo de solicitude, en .pdf,
aquí.
Esta convocatoria súmase a outras que xa anunciamos durante este mes de agosto: bolsas de contratación no
Grove e en
Ferrol e novas prazas na
Coruña e en
Castrelo de Miño e Baños de Molgas.