CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


14512 votos
Xa votaches!


21-09-2016

Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso

Concello de Ponteceso
O Concello de Ponteceso acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 14 de setembro de 2016.




O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 14 de setembro de 2016 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso, unha proposta que foi aprobada no Pleno municipal o 30 de maio de 2016.

Este texto do Concello de Ponteceso, como moitos outros que están en vigor en arredor de 40 concellos de todo o país, declara o galego, como lingua propia e oficial de Galicia, idioma oficial do Concello, o que supón que é a lingua que a Administración municipal debe usar por defecto, tanto oralmente como por escrito, en todas as súas actuacións e comunicacións.

Ao longo dos seus 14 capítulos e 23 artigos, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e encargo e contratación de servizos; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións e con empresas privadas; por parte do persoal ao servizo da administración; na toponimia e nomes de rúas, emprazamentos e edificios; etc.

O servizo de normalización Lingüística (SNL)

Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 22), e indícase que debe ser "estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais”, e fixa as súas funcións para a aplicación da ordenanza e as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística e asesoramento lingüístico.

Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso, en .pdf.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego