CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


12326 votos
Xa votaches!


30-11-2016

Chega Youtubeir@s, o novo proxecto colaborativo dos SNL

Youtubeir@s
Youtubeir@s ten como principal obxectivo incrementar a presenza da nosa lingua na rede Youtube. É unha iniciativa dirixida a maiores de 14 anos e está organizada polos servizos de normalización lingüística de once concellos e das tres universidades galegas. Inclúe un concurso de vídeos e formación específica de videocreación.


QUE É YOUTUBEIR@S?

- É un concurso de vídeos en galego para Youtube.

- É tamén aprendizaxe, pois inclúe formación específica de videocreación que organizarán os servizos de normalización lingüística que promoven este proxecto.

QUE MODALIDADES HAI NO CONCURSO?

Existen dúas modalidades:

- Vídeo-facermos: para videotitoriais onde explicar saberes e procesos de elaboración (receitas, instalación de programas informáticos, traballos manuais, etc.)

- Vídeo-opinarmos: para contar a opinións e valoracións sobre calquera tema (libros, filmes, ou outras obras de creación, problemas de actualidade...)

HAI MÁIS REQUISITOS?

Hai, son os seguintes:

- Cómpre ter máis de 14 anos para inscribir un vídeo.
- Os vídeos debe ter unha duración máxima de 5 minutos.
- Os vídeos deben estar baixo licenzas Creative Commons.
- Os vídeos deben estar en galego, xaora!
- O contido dos vídeos non pode ser comercial nin publicitario nin promover mensaxes violentas, denigrantes ou ofensivas.

XA ME ESTOU A ANIMAR... CAL É O PRAZO? COMO INSCRIBO O MEU VÍDEO?

- O prazo para inscribir os vídeos é do 1 de decembro de 2016 até o 28 de abril de 2017.

- Para inscribir o vídeo ou vídeos, só cómpre subilos á canle Youtube e anotar os datos no web de Youtubeir@s, na pestana Inscríbete. Cada autor ou autora pode inscribir tantos vídeos como desexe.

SE GAÑO..., QUE PREMIOS PODO LEVAR?

Haberá un premio por cada categoría e catro mencións honoríficas:

- Categoría vídeo-facermos: 1.000 €
- Categoría vídeo-opinarmos: 1.000 €

- Mención á creatividade: 500 €
- Mención á eficiencia comunicativa: 500 €
- Mención á calidade técnica: 500 €
- Mención á calidade lingüística: 500 €

E SE NON SEI FACER VÍDEOS...

O proxecto Youtubeir@s tamén ofrece formación: obradoiros de videocreación que se desenvolverán no primeiro trimestre do ano 2017.
Estas actividades formativas serán organizadas polos servizos de normalización lingüística dos concellos e das universidades que promoven este proxecto.

QUEN PROMOVE ESTA INICIATIVA?

A idea de Youtubeir@s xurdiu en 2015, no marco do IX Curso de verán de dinamización lingüística "Traballando en lingua", organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa CTNL e a SXPL e dedicado á mocidade.

E agora desenvólveno os servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, O Grove, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela e Teo e os servizos de normalización lingüística das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, tras un ano de traballo colaborativo entre as catorce institucións.

Bases do concurso e información completa sobre este proxecto no web Youtubeir@s.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego