CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


13350 votos
Xa votaches!


13-02-2017

VIII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña

Premio Rosalía de Castro de Lingua
A Deputación da Coruña acaba de publicar no BOP a convocatoria da oitava edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación desinteresada do noso patrimonio lingüístico. O prazo para presentar candidaturas finaliza o 30 de xuño.


O Premio “Rosalía de Castro” de promoción da lingua galega está destinado a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico, quer no ámbito da provincia, quer a nivel galego. Terase especialmente en conta o traballo con aqueles sectores de especial relevancia para o futuro do galego.

Destinatarios/as

Calquera persoa , colectivo, asociación ou entidade ligada a proxectos de promoción do galego, coa súa residencia ou sede social no territorio galego e aquelas que teñan unha especial incidencia ou desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña.

Méritos que se valoran

– Tarefa continuada desenvolvida a favor da promoción da lingua galega.
– Actuacións concretas (previstas ou desenvolvidas) no ano 2017 a favor da dignificación social da lingua galega.
– Uso habitual e digno do galego nas súas actividades e nos seus servizos.
– Campañas de información e/ou publicitarias en galego.
– Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.
– Labor dirixido especialmente aos tramos de poboación de menor idade, infancia e mocidade.
O xurado poderá valorar outros méritos, que dará a coñecer, das persoas, colectivos ou entidades que se propoñan.

Premios

Establécense dúas categorías con cadanseu premio de 3.000 euros:
– Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2017 a aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que máis destaque na promoción da lingua galega
– Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2017 a aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que realice un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade

Presentación de propostas

Pode presentar propostas calquera persoa ou entidade, mais non está permitido autocandidatarse.

Prazo de presentación de propostas

Do 13 de febreiro ao 30 de xuño de 2017

Como e onde se presentan?

As propostas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación da Coruña, avda. do Porto 2, 15006 A Coruña (usando o modelo de solicitude anexo ás bases e indicando no sobre VIII Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2017) ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dacoruna.gal

Bases completas, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego