CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


11268 votos
Xa votaches!


14-02-2017

Axudas da Deputación de Pontevedra para a dinamización lingüística dirixidas a entidades locais

Deputación Provincial de Pontevedra
A Deputación Provincial de Pontevedra anuncia a liña de axudas de 2017 para a dinamización lingüística dirixidas a entidades locais de até 50.000 habitantes. As bases publicáronse no BOP de hoxe e o prazo para presentar solicitudes finaliza o 31 de marzo de 2017.


OBXECTO DAS AXUDAS:

A convocatoria de axudas da Deputación Provincial de Pontevedra inclúe dúas categorías:

a) Creación ou mantemento de servizos de normalización lingüística (SNL), tanto para entidades locais individuais como para agrupacións de concellos.

b) Promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega en concellos ou entidades locais menores da provincia que non soliciten para o SNL.

REQUISITOS DOS PROGRAMAS:

As solicitudes para programas de dinamización lingüística deberán abranguer accións en tres dos seguintes eidos:

• Ensino, primando a colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros educativos.

• Comercio e industria, promovendo o uso do galego nas actividades comerciais ou industriais.

• Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), primando a consecución do dominio .gal.

• Turismo, destinadas á promoción turística no ámbito galego, nacional e internacional poñendo de relevo a relación cos países da lusofonía.

• Premios e distincións dende os concellos ao labor de fomento do galego entre persoas e colectivos veciñais, deportivos, culturais e/ou ecoloxistas. Apoio á creación en lingua galega, con prioridade nos ámbitos onde estea menos presente.

• Urbanismo e medio natural: adecuación e adaptación da sinalización á toponimia oficial de elementos urbanos e naturais.

• Benestar social e igualdade: accións encamiñadas á dinamización do galego en colectivos como a mocidade, os maiores e/ou as mulleres, así como aqueles que estean en risco de exclusión social.

ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:

O orzamento total das axudas aumentou respecto do ano pasado e é neste exercicio de 200.000 euros.

A Deputación achegará a cada entidade ou agrupación de entidades solicitante un 75% do orzamento de gastos do SNL, até un máximo de 10.000 euros (categoría a).

No caso das axudas para a promoción e dinamización do galego a institución provincial achegará un 75% do orzamento de gastos até un máximo de 8.000 euros (categoría b).

DESTINATARIOS:

Concellos, agrupacións de concellos ou entidades menores da provincia de Pontevedra até un máximo de 50.000 habitantes, que conten cun SNL, que pretendan crealo ou que, sen SNL, pretendan realizar programas de dinamización da lingua galega.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de febreiro ao 31 de marzo de 2017.

Entregaranse nas diferentes sedes do Rexistro Xeral da Deputación ou a través de calquera das forma previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Convocatoria completa, en .pdf.


POSTURA DA CTNL ANTE AS AXUDAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

En outubro do ano pasado, a CTNL dirixiuse á Deputación de Pontevedra para solicitarlle a mellora das axudas para a dinamización lingüística dirixidas ás entidades locais. Nesta nova convocatoria, a Deputación Provincial de Pontevedra mellorou a contía económica das axudas para a creación e mantemento de SNL (de 8.000 a 10.000 euros) pero continúa a subvencionar actividades de dinamización lingüística sen o soporte técnico dun SNL (até un máximo de 8.000 euros).

Desde a CTNL consideramos que estas subvencións deberían ser só para o mantemento, reforzo e creación de SNL, pois as ferramentas de traballo das administracións públicas son os equipos técnicos especializados. Só a través de SNL estables, dotados de persoal e orzamento suficiente se poden planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística con visión de futuro e de maneira estrutural. Calquera programa que se desenvolva desde unha entidade local que non conte con SNL non deixa de ser unha acción puntual sen integrar nun labor continuado de normalización lingüística feito á medida de cada realidade local.

ADDENDA
Nota de prensa da Deputación de Pontevedra do 5 de xuño de 2017, onde se anuncian as entidades beneficiarias, categorías e importe por comarcas
Publicación das axudas no BOP do 12 de xullo de 2017, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego