07-03-2017Chega o XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con nove medios de comunicación escrita, convoca a décimo terceira edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores, este ano cunha maior dotación económica. O prazo de admisión de artigos está aberto até o 17 de abril.
O
Concello de Carballo convoca este premio cos
obxectivos de incentivar a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do noso idioma e promover o seu uso na prensa.
CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOSOs artigos serán de opinión e inéditos e deben ter
entre 1800 e 3300 caracteres con espazos incluídos. Neles deberase tratar algún tema sobre a situación sociolingüística do noso país, o fomento da lingua galega, o seu status, o argumentario a prol do uso do galego, a lexislación e os dereitos lingüísticos, experiencias sociolingüísticas concretas, propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, experiencias útiles ou favorables para a dinamización da lingua, política lingüística, etc. Deberán contar cos trazos máis significativos do estilo xornalístico: estilo breve e directo, linguaxe xornalística, capacidade de incidencia no público, etc.
PREMIOA novidade deste ano é o
incremento da dotación económica do premio, que será de
1250 euros. Alén disto, o artigo gañador publicarase nos nove medios de comunicación colaboradores coa iniciativa:
Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓNA recepción de traballos está aberta
até o 17 de abril e poderán presentarse no rexistro do Pazo da Cultura de Carballo, por correo certificado ou de calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
En edicións anteriores foron premiadas/os autoras/es como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei, José Casás, Luz Cures Vázquez ou Borxa González Tenreiro. Todos os artigos premiados tiveron unha gran repercusión, grazas á publicación e difusión por todos os medios colaboradores cada ano.
As bases completas foron publicadas no
BOP da Coruña do 7 de marzo e tamén se poden consultar
no web do Concello de Carballo.