30-05-2017Bases para a contratación dun TNL no Concello de Arzúa
O
Concello de Arzúa publicou no BOP as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de
técnico/a de normalización lingüística, a xornada parcial. A selección farase mediante
oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación do anuncio da convocatoria no DOG.
O Concello de Arzúa anuncia un proceso selectivo (oposición) para contratar un/unha
técnico/a de normalización lingüística, a
xornada parcial (25 horas semanais), na modalidade de
funcionario interino durante dous anos.
FUNCIÓNS DA PRAZASerán as propias dun/dunha técnico/a de normalización lingüística e aparecen indicadas no Programa local de normalización lingüística do Concello de Arzúa. Divídense en funcións xerais internas, de dinamización lingüística, de formación, de asesoramento interno e de coordinación con outras administracións.
XORNADA DE TRABALLO E DURACIÓN DA INTERINIDADE A xornada será de 25 horas semanais nun contrato de interinidade de dous anos de duración.
REQUISITOS DE TITULACIÓN- licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
- grao en Lingua e Literatura Galegas,
- outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)
SISTEMA DE SELECCIÓN A selección efectuarase mediante
oposición libre, que se desenvolverá en dúas fases:
a)
Fase de oposición: cunha proba teórica (cuestionario de 30 preguntas) e unha proba práctica (suposto práctico)
b)
Fase de entrevista:
en caso de empate entre os aspirantes con maior puntuación, realizaráselles unha entrevista para desempatar.
PRAZOSerá de
10 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O anuncio da convocatoria publicouse no
DOG do 1 de xuño de 2017; polo tanto,
o prazo finaliza o 15 de xuño.
Bases completas, temario e modelo de solicitude, en .pdfAnuncio no DOG, en .pdf