24-06-2017A CTNL pediulle ao Concello de Oroso a corrección das bases da convocatoria dunha praza de TNL
A CTNL dirixiuse ao Concello de Oroso para solicitarlle a modificación do exercicio práctico na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O suposto práctico consiste nunha tradución do castelán ao galego, o que non se axusta ás funcións da praza, que ademais veñen ben detalladas na convocatoria.
O
Concello de Oroso convocou recentemente un proceso selectivo (oposición libre) para contratar temporalmente un/unha
técnico/a de normalización lingüística por obra e servizo determinado e para a creación dunha bolsa de emprego para nomeamentos de técnicos/as de normalización lingüística.
Na
base terceira desta
convocatoria detállanse as
áreas de traballo dun servizo de normalización lingüística e as
funcións concretas que debe desenvolver un técnico/a de normalización lingüística na Administración local. Desde a CTNL
felicitamos o Concello de Oroso por incluír na convocatoria esta descrición pormenorizada de funcións.
Porén, na
base novena, relativa ao desenvolvemento das probas do proceso selectivo, inclúese
como suposto práctico a tradución dun texto do castelán ao galego, cando
precisamente a tradución non forma parte das funcións dun técnico/a de normalización lingüística da Administración local, funcións descritas na base terceira.
Por tanto, a CTNL solicitoulle ao Concello de Oroso
a corrección do contido desta proba práctica para adaptala ás funcións detalladas na base terceira da convocatoria.
Solicitude da CTNL, en .pdf