CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


9830 votos
Xa votaches!


24-06-2017

A CTNL pediulle ao Concello de Oroso a corrección das bases da convocatoria dunha praza de TNL

Concello de Oroso
A CTNL dirixiuse ao Concello de Oroso para solicitarlle a modificación do exercicio práctico na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O suposto práctico consiste nunha tradución do castelán ao galego, o que non se axusta ás funcións da praza, que ademais veñen ben detalladas na convocatoria.


O Concello de Oroso convocou recentemente un proceso selectivo (oposición libre) para contratar temporalmente un/unha técnico/a de normalización lingüística por obra e servizo determinado e para a creación dunha bolsa de emprego para nomeamentos de técnicos/as de normalización lingüística.

Na base terceira desta convocatoria detállanse as áreas de traballo dun servizo de normalización lingüística e as funcións concretas que debe desenvolver un técnico/a de normalización lingüística na Administración local. Desde a CTNL felicitamos o Concello de Oroso por incluír na convocatoria esta descrición pormenorizada de funcións.

Porén, na base novena, relativa ao desenvolvemento das probas do proceso selectivo, inclúese como suposto práctico a tradución dun texto do castelán ao galego, cando precisamente a tradución non forma parte das funcións dun técnico/a de normalización lingüística da Administración local, funcións descritas na base terceira.

Por tanto, a CTNL solicitoulle ao Concello de Oroso a corrección do contido desta proba práctica para adaptala ás funcións detalladas na base terceira da convocatoria.

Solicitude da CTNL, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego