CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


9565 votos
Xa votaches!


18-07-2017

A CTNL solicítalle ao Concello de Vigo a modificación das bases da bolsa de emprego para TNL

Concello de Vigo
A CTNL dirixiuse ao Concello de Vigo para solicitarlle a modificación das bases que regulan a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de técnicos/as de normalización lingüística. A petición da CTNL consiste na modificación do grupo de contratación, que debe ser A1.


No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 5 de xullo de 2017, o Concello de Vigo publicou as bases reitoras e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos de técnicos/as de normalización lingüística. Mais nas bases especifícase que a contratación será no subgrupo A2 e denomínanse as prazas como técnico medio de normalización lingüística.

Por este motivo, o pasado 14 de xullo a CTNL dirixiu un escrito ao Concello de Vigo para solicitar que se modifiquen estas bases do seguinte xeito:

1. Que se estableza que a bolsa de emprego sexa para o nomeamento interino de técnicos/as de normalización lingüística, subgrupo A1 da función pública.

2. Consecuentemente, que na base II.e) se fixe como requisito dos/das aspirantes a titulación de grao ou de licenciatura.

Xustificáronse estas peticións con varios argumentos:

- Debido ás funcións que se teñen que desenvolver e aos coñecementos e capacidades necesarias, as prazas de TNL deben ser do subgrupo A1 (anexouse unha proposta de funcións elaborada pola CTNL para o Encontro de Política Lingüística Municipal que tivo lugar en Santiago de Compostela o 16 de novembro de 2015).

- Nas convocatorias de axudas que a Xunta de Galicia destina á creación e mantemento de servizos de normalización lingüística recóllese que o persoal técnico debe estar integrado no grupo I de cotización do réxime xeral da Seguridade Social e requírense como titulacións necesarias grao ou licenciatura equivalente.

Solicitude da CTNL, en .pdf

Anexo á solicitude, en .pdf.

ADDENDA
Acordo da Xunta de Goberno Local en relación con este escrito, publicado no BOP do 12 de setembro.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego