20-02-2018Convocatoria de subvencións para dinamización lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra

Coma en anos anteriores (
2016 e
2017), a
Deputación Provincial de Pontevedra convoca
dúas liñas de subvencións para a dinamización lingüística dirixidas ás entidades locais da provincia:
a)
Creación ou mantemento de servizos de normalización lingüística (SNL), tanto para entidades locais individuais como para agrupacións de concellos.
b) Promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega en concellos ou entidades locais menores da provincia que non soliciten para o SNL.
A CTNL
valorou negativamente o mantemento destas dúas modalidades de axudas, pois
non favorece a creación de unidades técnicas que planifiquen, xestionen, executen e avalíen accións e programas de normalización lingüística.
ENTIDADES BENEFICIARIASConcellos, agrupacións de concellos ou entidades locais menores da provincia de Pontevedra de ata 50.000 habitantes.
PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNLNa convocatoria deste ano, a Deputación Provincial de Pontevedra detallou os
requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publicou unha
relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística (
base segunda da convocatoria).
REQUISITOS PARA ACCEDER ÁS SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMASAs solicitudes para programas de dinamización lingüística deberán abranguer
accións polo menos en tres dos seguintes eidos:
• Ensino, primando a colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros educativos.
• Comercio e industria, promovendo o uso do galego nas actividades comerciais ou industriais.
• Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), primando a consecución do dominio .gal.
• Turismo, destinadas á promoción turística no ámbito galego, nacional e internacional poñendo de relevo a relación cos países lusófonos.
• Premios e distincións dende os concellos ao labor de fomento do galego entre persoas e colectivos veciñais, deportivos, culturais e/ou ecoloxistas. Apoio á creación en lingua galega, con prioridade nos ámbitos onde estea menos presente.
• Urbanismo e medio natural: adecuación e adaptación da sinalización á toponimia oficial de elementos urbanos e naturais.
• Benestar social e igualdade: accións encamiñadas á dinamización do galego en colectivos como a mocidade, as persoas maiores e as mulleres, así como aqueles que estean en risco de exclusión social.
Como novidade nesta convocatoria, as entidades que accedan a este segundo tipo de axudas deberán presentar un
proxecto orzado en máis de 3.000 euros e comprometerse a
aprobar durante 2018 unha ordenanza ou regulamento de normalización lingüística (os concellos que aínda non dispoñen deste texto legal).
ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDASO
orzamento total das axudas aumentou de novo este ano e neste exercicio é de
300.000 euros.
A Deputación achegará a cada entidade ou agrupación de entidades solicitante un 75% do orzamento de gastos do SNL, até un
máximo de 15.000 euros (categoría a).
No caso das axudas para a promoción e dinamización do galego a institución provincial achegará un 75% do orzamento de gastos até un
máximo de 8.000 euros (categoría b).
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESO
prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria (BOP do 20 de febreiro), é dicir,
iníciase o 21 de febreiro e finaliza o 16 de marzo de 2018.
As solicitudes entregaranse
nas diferentes sedes do Rexistro Xeral da Deputación ou a través de calquera das forma previstas no
artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (
LPACAP).
PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDASDe acordo co
extracto da convocatoria, o
prazo de xustificación das axudas remata
o 15 de febreiro de 2019.
Bases en .pdf. (BOP do 19 de febreiro de 2018)
Extracto en .pdf. (BOP do 20 de febreiro de 2018)
ADDENDA:Resolución da convocatoria, en .pdf (BOP do 19 de xullo de 2018)