04-03-2018Convocatoria dunha praza temporal de TNL no Concello de Outes

O
Concello de Outes anunciou a convocatoria dunha
praza temporal de técnico/a de normalización lingüística, con vixencia do contrato até o 31 de decembro de 2018. O
prazo para presentar solicitudes é de
8 días hábiles.
O 2 de marzo, o Concello de Outes
anunciou a convocatoria dunha
praza temporal de
técnico/a de normalización lingüística.
XORNADA DE TRABALLO E DURACIÓN DO CONTRATO O contrato de traballo será temporal con vixencia
ata o 31 de decembro de 2018. A xornada laboral será a tempo completo.
REQUISITOS DE TITULACIÓNGrao en Lingua e Literatura Galegas, licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou outras licenciaturas ou graos sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).
SISTEMA DE SELECCIÓN A selección efectuarase mediante
concurso, onde se valorarán cursos de formación referentes ao posto de traballo, experiencia laboral en postos de traballo semellantes e unha entrevista curricular.
PRAZOSerá de
8 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios e no web do Concello de Outes (publicación o 2 de marzo de 2018), é dicir,
até o 14 de marzo.
Bases da convocatoria e modelo de instancia no web do Concello de Outes.