05-03-2018Nova Xunta Directiva da CTNL e aprobadas as liñas de acción para 2018
O pasado 3 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2018 e elixiuse unha nova Xunta Directiva.
O sábado pasado tivo lugar a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL, a cita para dar conta do traballo desenvolvido durante o ano pasado e para aprobar o que se intentará levar a cabo durante o 2018.
Elección dunha nova Xunta DirectivaDe acordo cos estatutos da CTNL, este ano correspondía elixir unha nova Xunta Directiva, que se fará cargo da xestión da CTNL durante dous anos. Foi elixida por unanimidade a
única candidatura presentada, formada por: Anxos Sobriño Pérez (presidenta), Silvia Muíño Naveira (secretaria), David Cobas Medín (tesoureiro) e, como vogais, María Adela Pita Permuy, Estela Suárez Recouso, Mónica Fernández Valencia, Xesús M. Mosquera Carregal, Tono Formoso Lado e Socorro García Conde.
Tras esta renovación, deixaron de formar parte da Xunta Directiva, despois de moitos anos de dedicación, Rosa Moreiras Cuñarro, Dores Sánchez Alegre e Queca Carballo Coello. A Asemblea agradeceulles o seu magnífico traballo.
Liñas de acción para 2018Como é habitual, na asemblea avaliouse tamén o traballo desenvolvido durante o último ano e aprobáronse as liñas de acción para 2018, que incluirán actividades como o LGx15, accións formativas, seguimento da política lingüística das institucións, difusión de accións para a mellora do uso e prestixio da lingua, etc.
Liñas de acción para 2018, en .pdf