CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


13788 votos
Xa votaches!


26-04-2018

Terceira edición do concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar!

Quero Cantar
A Deputación Provincial da Coruña publicou as bases da terceira edición do concurso de música infantil e xuvenil "Quero Cantar", que ten como obxectivo promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical. O prazo é até o 19 de outubro de 2018.





No BOP do 24 de abril de 2018, publicáronse as bases do III Concurso de música infantil e xuvenil “Quero Cantar”, organizado pola Deputación Provincial da Coruña co fin de promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Calquera grupo ou solista de ámbito galego que presente e interprete unha composición con letra e música orixinais e inéditas en lingua galega. De acordo coas idades establécense dúas categorías:

- Categoría A. Infantil: un máximo de 12 compoñentes de até 12 anos.

- Categoría B. Xuvenil: un máximo de 12 compoñentes de entre 13 e 16 anos.

En ambas as categorías está permitido que haxa unha persoa que supere o límite de idade. Así mesmo, na categoría B poderá haber integrantes con menos idade (non máis do 50%).

QUE SE NECESITA?

Os grupos deben presentar unha solicitude no modelo normalizado dispoñible no web do concurso, no da Deputación Provincial ou no Rexistro Xeral da Deputación. Coa solicitude deben achegarse:

- Maqueta da composición en formato audiovisual (Mp4) ou só audio (Mp3, WAV, ou Ogg Vorbis).

- Relación de compoñentes do grupo.

- Descrición das necesidades técnicas e de escenario.

- Breve biografía do grupo.

- Documento de aceptación das bases do concurso e de cesión dos dereitos de imaxe.

CAL É O PRAZO PARA PARTICIPAR?

O prazo de presentación das solicitudes remata o 19 de outubro de 2018. As solicitudes preséntanse na sede electrónica da Deputación da Coruña ou no seu Rexistro Xeral, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

CALES SON OS PREMIOS?

- Os cinco primeiros clasificados de cada categoría gravarán en estudio a súa canción, que será editada no CD Quero Cantar 2018.

Podemos descargar os discos das dúas primeiras edicións aquí.

O terceiro clasificado en cada categoría gañará material musical e/ou produtos culturais en galego por valor de 500 €.

O segundo clasificado en cada categoría gañará material musical e/ou produtos culturais en galego por valor de 1000 €.

O primeiro clasificado en cada categoría gañará material musical e/ou produtos culturais en galego por valor de 1500 € e gravará un videoclip coa canción gañadora.

Información máis detallada nas bases (en .pdf) e no web de Quero Cantar.


Ligazóns relacionadas

Videoclip de Queremos xogar!, canción gañadora da cat. infantil en 2017 Videoclip de Son Muller, canción gañadora da cat. xuvenil en 2017

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego