CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


13185 votos
Xa votaches!


14-06-2018

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Tomiño

Ordenanza de NL de Tomiño
O Concello de Tomiño acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras o período de información pública do texto, o Pleno tomiñés aprobouna definitivamente o 24 de maio de 2018 e publicouna no BOP de Pontevedra do 13 de xuño.


O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 13 de xuño de 2018 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso da lingua galega no municipio de Tomiño, primeiro documento deste tipo aprobado nun concello do Baixo Miño.

Este texto legal declara o galego como idioma oficial do Concello, idioma que empregará "en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coa cidadanía e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas".

A ordenanza tomiñesa ten 20 artigos distribuídos en 13 capítulos (por erro numerados como 12) e unha disposición adicional. Ao longo do articulado, regúlase o uso do galego na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e encargo e contratación de servizos; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; polo persoal ao servizo da Administración; e na toponimia e nomes de rúas, emprazamentos e edificios. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma, na calidade lingüística e no uso dunha linguaxe democrática e inclusiva.


SEN DEPARTAMENTO TÉCNICO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Malia felicitarmos o concello pola aprobación da ordenanza, observamos con estupor que o seu texto non fai referencia a ningún departamento técnico que asesore a institución na aplicación e desenvolvemento deste documento legal. Os servizos de normalización lingüística son os departamentos técnicos dos concellos que teñen como finalidade impulsar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os seus ámbitos de influencia e, así, cumprir coa súa obriga legal e responsabilidade social de contribuír ao proceso de normalización lingüística.

Esperamos que a ausencia de referencia a un SNL sexa unha eiva que se poida corrixir e non impida ao Concello de Tomiño contar co departamento técnico necesario para planificar, xestionar, executar e avaliar a política lingüística municipal.

Ordenanza para o impulso da lingua galega no municipio de Tomiño, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego