16-08-2018Contratación temporal dun/dunha técnico/a de normalización lingüística nos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas

O agrupamento dos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas convoca unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia. O sistema de selección será o concurso de méritos e o prazo de inscrición finaliza o 21 de agosto.
O Concello de Castrelo de Miño anuncia no
BOP de hoxe, día 16 de agosto, a convocatoria dunha
praza temporal de técnico/a de normalización lingüística para o agrupamento dos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas.
XORNADA DE TRABALLO, DURACIÓN DO CONTRATO E SOLDOO
contrato de traballo será
temporal con vixencia
até o 14 de outubro de 2018.
A xornada laboral será a
tempo completo (40 horas semanais).
O
soldo é de
1356 euros mensuais, que inclúen a parte proporcional da paga extraordinaria e os gastos de quilometraxe.
A contratación está financiada pola
subvención concedida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
REQUISITOS DE TITULACIÓNGrao en Lingua e Literatura Galegas, licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou outras licenciaturas ou graos sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).
SISTEMA DE SELECCIÓNA selección efectuarase mediante
concurso de méritos, onde se valorarán cursos de formación en linguaxe administrativa, experiencia laboral en postos de traballo semellantes e licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (sección galego-portugués) ou grao en Lingua e Literatura Galegas.
PRAZOSerá de
5 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP de Ourense (publicada o 16 de agosto), é dicir,
até o 21 de agosto.
As bases e modelos de solicitude pódense consultar en .pdf na
sede electrónica do Concello de Castrelo de Miño.