10-10-2018A Deputación Provincial da Coruña organiza as xornadas Malas Linguas
"O galego precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI". Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organiza as xornadas "Malas Linguas: activando falantes no século XXI", unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística do galego.
A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña convoca as
xornadas "Malas Linguas: activando falantes no século XXI", co fin de analizar a situación da lingua co obxectivo de mellorarmos colectivamente as políticas lingüísticas e o camiño da normalización lingüística.
As xornadas están
dirixidas principalmente ás persoas que traballan no ámbito da normalización lingüística e das políticas públicas. Terán lugar ao longo de catro días, entre outubro de 2018 e novembro de 2019, nos cales se analizarán a relación entre a lingua e as políticas públicas, a memoria, a transmisión non familiar e os xéneros. O calendario de xornadas é o seguinte:
- 23 de outubro de 2018: Lingua, discurso e políticas públicas
- 29 de novembro de 2018: Lingua e memoria. Transmisión familiar da lingua
- 1 de marzo de 2019: Lingua, infancia e mocidade. Transmisión non familiar da lingua
- 12 de abril: Lingua e xéneros
PRIMEIRA XORNADA: Lingua, discurso e políticas públicasA primeira xornada desenvolverase o
23 de outubro no Pazo de Mariñán (Bergondo) e terá o seguinte
programa:
10:00: presentación das xornadas.
Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña
10:15: Mesa 1: A lexitimidade das políticas lingüísticas
Suso Fernández Acevedo, filólogo e escritor
Debate
11:15: pausa – café.
12:00: Argumentos para o galego: María Vázquez, actriz
12:15: Mesa 2: Lingua e identidades no século XXI
Rosa Berrio, USTEC•STEs / SomEscola
Marcos Maceiras, A Mesa pola Normalización Lingüística
Jasone Mendizabal, Euskaltzaleen Topagunea/ Proxecto Tosta
Debate
14:00: xantar
16:00: Argumentos para o galego: Diego E. Barros, xornalista e filólogo
16:15: Mesa 3: Afinar o discurso. Argumentos, obxectivos e persoas e colectivos a quen deben dirixirse as políticas lingüísticas actuais
Nel Vidal, SNL de Carballo
Tina Formoso Gosende, ENL no ensino
Debate
17:30: Espazo de construción colectiva: Diagnose participativa
19:00: peche da xornada
A
inscrición para esta e as demais xornadas (29 de novembro de 2018, 1 de marzo de 2019 e 12 de abril de 2019) é
gratuíta e faise a través do seguinte
formulario.
Máis información no
web da Deputación Provincial da Coruña.