15-10-2018Só queda un mes para a cuarta edición do LGx15
O 15 de novembro, ás 18.00 h, chega á Sala Capitol de Compostela unha nova edición do LGx15. Oito novas intervencións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e propostas para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. E haberá humor e música, claro!
Con
intervencións dun máximo de 15 minutos, as persoas convidadas desta edición falarannos de temas tan variados coma a divulgación científica, o deporte e a autoestima, a concienciación lingüística, as ferramentas para atraer falantes, os recursos para xogarmos na nosa lingua, o mundo empresarial, ou a cultura pop... Diferentes aspectos que nos axudarán a
reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos e alento reforzado. Haberá tamén música en directo e humor. Un formato diferente para falar do futuro da lingua e intentar influír no imaxinario colectivo arredor do idioma lanzando propostas, consellos, experiencias e ideas.
CANDO E ONDE VAI SER?Terá lugar o
xoves 15 de novembro, ás
18.00 h, na
Sala Capitol de Santiago de Compostela.
QUEN VAI PARTICIPAR?No
LGx15 intervirán
Javier Balea (creador de "Moléculas en galego", quen nos falará sobre divulgación científica e lingua),
Eira Losada (estudante e youtubeira, que nos contará como ser un motor para a lingua),
Mercé Barrientos (deportista e docente, que nos vai explicar a importancia da autoestima no deporte e no uso da lingua),
Inma Gil Rosendo (xornalista na BBC, que falará sobre a concienciación lingüística desde fóra de Galicia),
Manolo Maseda (músico e docente, que nos mostrará "A chave das noces" pra dar un xiro á situación do galego na mocidade),
Xema Varela (empresaria e deseñadora, que nos falará do "efecto curuxa" no mundo empresarial),
Ruth Caramés (bióloga, deseñadora e nai, quen nos descubrirá un mundo de recursos para a crianza en galego), e
Aquel -e (milenial e youtubeiro, que nos falará da cultura pop como forma de conexión coas xeracións máis novas).
A música virá da man de
Brais Morán. E conducirán o evento as regueifeiras
Alba María e Lupe Blanco.
QUERO IR! COMO CONSIGO AS ENTRADAS?As
entradas para o evento terán un prezo de
6 euros na venda anticipada. Están dispoñibles
desde o 15 de outubro en Internet, no
web da Sala Capitol; e uns días máis tarde tamén estarán fisicamente na Tenda A Reixa, situada no número 46 da compostelá rúa do Hórreo. O día do evento, en caso de quedaren dispoñibles, custarán
10 euros na billeteira.
LEMBRAS AS EDICIÓNS ANTERIORES?A
primeira edición do LGx15 tivo lugar en
novembro do ano 2015, e nela participaran Luís Iglesia, Xurxo Mariño, Lara Tigre, Manuel N. Singala, Carmen Grimaldi e Xosé Lois Vilar, ademais das actuacións de AldaoLado, Alba María e Xenderal.
A
segunda edición foi en novembro de 2016 e contou coas intervencións de Alberte Lamazares, Belén Regueira, Elena Ferro, Diana Fernández e David Díaz (Bolboretas no bandullo), Marcus Fernández, María Yáñez, Mark Wiersma e Rosalía Fernández Rial, coa actuación musical dos Poetarras e a presentación dos regueifeiros Josinho da Teixeira e Luís O Caruncho.
E a
terceira edición foi en novembro do ano pasado e nela interviñeron Alonso Caxade, Patricia Buxán e Miguel Braña, Alba García, Fátima Fathallah, Brais García e Jonathan Blanco, Cecilia Fernández, Iria Veiga, José Antonio Rubal, Nuria Espasandín e Pedro Brandariz, coa actuación musical de MJ Pérez e todo conducido por Vicente Mohedano.
Os
vídeos desas diversas charlas poden verse
en YouTube (
2015,
2016 e
2017), pois unha parte fundamental deste proxecto é tamén a
difusión desas ideas a través da rede.
O
LGx15 é, polo tanto, un cóctel en forma de evento organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración económica da
Secretaría Xeral de Política Lingüística, e
pensado para o entusiasmo, a diversión, a reflexión e o futuro do galego.
Máis información no
web do LGx15 e no
perfil de Facebook do evento.