CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


39 votos
Xa votaches!


31-01-2019

Praza de técnico/a de normalización lingüística en Rois

Concello de Rois
O Concello de Rois publicou no BOP da Coruña do 31 de xaneiro de 2019 as bases para a provisión definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística (a partir da páx. 11). Na mesma data tamén se anunciou a convocatoria no DOG. O prazo de inscrición neste proceso selectivo é do 9 ao 28 de febreiro de 2019, de acordo co anuncio da convocatoria publicado no BOE do día 8 de febreiro.


O Concello de Rois publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 31 de xaneiro de 2019 as bases para a provisión como persoal laboral fixo dunha praza de técnico/a de normalización lingüística (a partir da páx. 11), incluída na oferta pública de emprego de 2018. O sistema de selección será o concurso-oposición.

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

Alén dos xerais (idade, non padecer enfermidade que impida o desenvolvemento das tarefas do posto, etc.), os requisitos de titulación son: licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (sección galego-portuguesa), grao en Lingua galega ou calquera outra licenciatura ou grao, sempre que estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O sistema de selección será o concurso-oposición (60% da nota corresponderá á oposición e 40% ao concurso).

PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓN

A totalidade desta fase terá unha cualificación máxima global de 60 puntos, e consistirá na realización dos seguintes exercicios:

- Exame teórico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá nun test de 50 preguntas que comprenderán a parte xeral e a parte específica do temario.

- Exame práctico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá nun test de 50 preguntas sobre un suposto práctico relativo ás materias da parte específica do temario.

O temario, de 28 temas na parte xeral e 47 na parte específica, figura como anexo das bases específicas.

FASE DE CONCURSO

A puntuación máxima posible desta fase é de 40 puntos. Valoraranse os seguintes méritos:

- Experiencia profesional en postos semellantes nas administracións públicas, ata 24 puntos.

- Formación relacionada co posto de traballo, ata 3 puntos.

- Docencia de cursos de lingua galega, ata 3 puntos.

- Publicacións relacionadas coa lingua galega, ata 4 puntos.

- Participación en proxectos de investigación relacionados coa lingua e dependentes de administracións e universidades públicas, ata 6 puntos.


PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

De acordo coas bases, as instancias presentaranse no modelo que figura como anexo I, e irán acompañadas da documentación habitual: copias cotexadas do título requirido e do DNI, relación de méritos e copia cotexada da documentación que os acredite, e declaración xurada segundo o modelo do anexo III.

A solicitude presentarase a través de calquera das seguintes vías: Rexistro Xeral do Concello, Rexistro Telemático, sistema de intercambio de rexistros, oficinas de correos ou calquera das establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Este anuncio publicouse o 8 de febreiro; daquela, o prazo será do 9 ao 28 de febreiro de 2019.

Información completa:

- Bases da convocatoria, en .pdf, a partir da páxina 11 (BOP da Coruña do 31 de xaneiro de 2019)

- Anuncio da convocatoria no DOG do 31 de xaneiro de 2019, en .pdf

- Anuncio da convocatoria no BOE do 8 de febreiro de 2019, en .pdf.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego