01-02-2019A terceira xornada Malas Linguas abordará a transmisión non familiar da lingua
O
1 de marzo terá lugar en
Santiago de Compostela a terceira xornada do ciclo
Malas Linguas: activando falantes do século XXI. Esta terceira cita titúlase
Lingua, infancia e mocidade. Transmisión non familiar da lingua. A
inscrición está aberta e é
gratuíta.
O ciclo de xornadas
Malas Linguas: activando falantes do século XXI está organizada pola Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña. A
primeira cita tivo lugar o pasado 23 de outubro,
a segunda o 29 de novembro de 2018 e o ciclo finalizará o 12 de abril de 2019.
Esta terceira xornada terá lugar no
Centro Sociocultural do Ensanche en Santiago de Compostela, en horario de mañá.
PROGRAMA (tamén anexo en .pdf ao final desta nova)
10:00: apertura da xornada. Goretti Sanmartín Rei (vicepresidenta da Deputación da Coruña)
10:15: Argumentos para o galego: Séchu Sende (profesor e activista)
10:30:
Mesa de debate:
Actitudes e percepcións sobre a lingua da mocidade galega hoxe - Estibaliz Amorrortu (profesora da Universidade de Deusto)
- Miguel R. Carnota (profesor e investigador)
- Bernadette O´Rourke (profesora da Universidade de Heriot-Watt)
12:00: Pausa – café.
12:30: Argumentos para o galego: Pilar Ponte (profesora de Lingua Galega e Literatura)
12:45:
Mesa de debate:
Experiencias inspiradoras - Koldo Tellitu (presidente da Federación de Ikastolas-Ikastolen Elkartea)
- Rute Palhares (presidenta da ANPA CEIP Paraixal)
- Paco Esteve i Beneito (filólogo e escritor)
14:00: Peche da xornada
A
inscrición para todas as xornadas é
gratuíta e faise a través deste
formulario.
Máis información
aquí.
Listaxe de vídeos das dúas xornadas anteriores
aquí.